Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Contenido principal

Accesibilidade

O portal "Aula da Seguridade Social" adquiriu o compromiso de garantir a accesibilidade dos seus contidos a todos os cidadáns en cumprimento do disposto pola Lei de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico, para os sitios web das Administracións Públicas.

Por iso, o desenvolvemento das súas páxinas fíxose seguindo as pautas de accesibilidade aos contidos proporcionadas pola WAI (Web Accesibility Initiative), organismo creado polo W3C (World Wide Web Consortium), para informar, investigar e fomentar o traballo na accesibilidade web.

A WAI estableceu tres niveis de accesibilidade, "A", dobre "A" e triplo "A" acadando cada nivel co cumprimento dunhas determinadas pautas ou principios.

No caso de "Aula da Seguridade Social", fixouse como obxectivo cumprir o nivel "AA" de accesibilidade e, con obxecto de asegurar estes niveis de cumprimento de criterios de accesibilidade, realizouse a comprobación co programa TAW (Test de Accesibilidade Web) das páxinas.

Algunhas das características implementadas para facilitar a accesibilidade son as seguintes:

  • Creouse unha estrutura clara de páxinas, definindo os encabezados, listas, elementos de comprensión, etc. o que facilita o acceso aos contidos con lectores de pantalla.
  • O código empregado axústase ás gramáticas formais para a súa correcta interpretación e visualización de contidos en distintos navegadores.
  • As fontes de texto definíronse con unidades relativas, o que permite ao usuario ampliar ou diminuír o tamaño das mesmas dende as opcións do navegador.
  • Ademais, tanto os tipos de fonte como as cores das mesmas, coles de fondo, etc. definíronse mediante CSS, de forma que o usuario poida definir as súas preferencias visuais.

Contenido complementario
${loading}