Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Reutilización de información pública

Dende esta páxina poderá acceder á información que se encontra publicada dentro da iniciativa do RD 1495/2011, no que se desenvolve a Lei 37/2007 sobre Reutilización da Información do Sector Público, para o ámbito do sector público estatal.

Datos Dispoñibles

Pode consultar o catálogo de datos da Seguridade Social.


Normativa asociada


Aviso legal

Para os efectos do presente documento enténdese por "axente reutilizador" toda persoa, física ou xurídica que reutilice información do sector público, xa sexa para fins comerciais ou non comerciais.

Obrigatoriedade das condicións xerais

As presentes condicións xerais, dispoñibles con carácter permanente baixo www.datos.gob.es/avisolegal vincularán calquera axente reutilizador polo mero feito de facer uso dos documentos sometidos a elas.

Autorización de reutilización e cesión non exclusiva de dereitos de propiedade intelectual

As presentes condicións xerais permiten a reutilización dos documentos sometidos a elas para fins comerciais e non comerciais. Enténdese por reutilización o uso de documentos que obran en poder dos órganos da Administración Xeral do Estado e os demais organismos e entidades do sector público estatal referidos no artigo 1.2 do Real Decreto 1495/2011, do 24 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 37/2007, do 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público estatal, por persoas físicas ou xurídicas, con fins comerciais ou non comerciais, sempre que o devandito uso non constitúa unha actividade administrativa pública. A reutilización autorizada inclúe, a modo ilustrativo, actividades como a copia, difusión, modificación, adaptación, extracción, reordenación e combinación da información.

O concepto de documento é o establecido no apartado 2 do artigo 3 da Lei 37/2007, do 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público, polo que comprende toda información calquera que sexa o seu soporte material ou electrónico así como a súa forma de expresión gráfica, sonora ou en imaxe utilizada, incluíndo, en consecuencia, tamén os datos nos seus niveis máis desagregados ou "en bruto".

Esta autorización leva consigo, así mesmo, a cesión gratuíta e non exclusiva dos dereitos de propiedade intelectual, se é o caso, correspondentes a tales documentos, autorizándose a realización de actividades de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación, necesarias para desenvolver a actividade de reutilización autorizada en calquera modalidade e baixo calquera formato, para todo o mundo e polo prazo máximo permitido pola Lei.

Condicións xerais para a reutilización

Son de aplicación as seguintes condicións xerais para a reutilización dos documentos sometidos a elas:

  1. Está prohibido desnaturalizar o sentido da información.
  2. Debe citarse a fonte dos documentos obxecto da reutilización. Esta cita poderá realizarse do seguinte xeito: "Orixe dos datos: Seguridad Social".
  3. Debe mencionarse a data da última actualización dos documentos obxecto da reutilización, sempre e cando estivese incluída no documento orixinal.
  4. Non se poderá indicar, insinuar ou suxerir que a Seguridade Social titular da información reutilizada participa, patrocina ou apoia a reutilización que se leve a cabo con ela.
  5. Deben conservarse, non alterarse nin suprimirse os metadatos sobre a data de actualización e as condicións de reutilización aplicables incluídos, se é o caso, no documento posto a disposición para a súa reutilización.

Exclusión de responsabilidade

A utilización dos conxuntos de datos realizarase por parte dos usuarios ou axentes da reutilización baixo a súa propia conta e risco, correspondéndolles en exclusiva a eles responder fronte a terceiros por danos que puidesen derivarse dela.

A Seguridade Social non será responsable do uso que da súa información fagan os axentes reutilizadores nin tampouco dos danos sufridos ou perdas económicas que, de forma directa ou indirecta, produzan ou poidan producir prexuízos económicos, materiais ou sobre datos, provocados polo uso da información reutilizada.

A Seguridade Social non garante a continuidade na posta a disposición dos documentos reutilizables, nin en contido nin en forma, nin asume responsabilidades por calquera erro ou omisión contido neles.

Responsabilidade do axente reutilizador

O axente reutilizador áchase sometido á normativa aplicable en materia de reutilización da información do sector público, incluíndo o réxime sancionador previsto no artigo 11 da Lei 37/2007, do 16 de novembro, sobre reutilización da información do sector público.

Información Relacionada
Complementary Content
${loading}