Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Vantaxes do Sistema RED

  • Eliminación das xestións administrativas polo procedemento convencional en papel, coas conseguintes vantaxes en comodidade, aforro de tempo e custos, ao poder realizalas desde a propia empresa.

  • Conexión directa a través de INTERNET ao Ficheiro Xeral de Afiliación (que permitirá realizar altas, baixas, variacións de datos do traballador, consultas e peticións de información relativas a traballadores e empresas) e a diversos servizos de cotización.

  • Tan só se necesita dispor dun navegador de Internet e o certificado SILCON para poder acceder a estas opcións.

  • Amplo horario de actuación: posibilidade de transmitir información 24 horas ao día, 365 días ao ano (modalidade de envío de ficheiros).

  • Resposta inmediata da TXSS, o que permite confirmar se os movementos se realizaron correctamente, e tamén contrastar a súa base de datos de traballadores coas da TXSS.

  • Os documentos transmitidos a través do Sistema RED non teñen que serlles presentados a outras entidades xestoras da Seguridade Social.

  • Mínima dotación informática.

  • Comunicación das últimas modificacións de normativa que lle afecten e outra información do seu interese.

  • Posibilidade de impresión de documentos, coa pegada que dá validez legal ante terceiros, desde a súa propia oficina, no momento que queira e tantas veces como desexe. 

  • A utilización de INTERNET como modalidade de transmisión fai que o Sistema sexa cada vez máis moderno, accesible desde calquera lugar e adaptado ao uso xeral. 

  • Garantía de seguridade e privacidade co uso do certificado SILCON.
Complementary Content
${loading}