Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Vantaxes de RED Directo

Vantaxes RED Directo

  • Conexión directa coa TGSS  para levar a cabo os trámites de afiliación, cotización e partes médicos en tempo real.

  • Acceso dende calquera lugar e recursos informáticos mínimos, xa que só é preciso dispoñer dun PC  con conexión á Internet e do Certificado Dixital SILCON  ou DNI  electrónico.

  • Ferramenta sinxela: non require coñecementos especiais nin informáticos nin en materia de Seguridade Social.

  • Ao usuario ofréceselle un formulario dixital, sinxelo, dinámico e personalizado, que non permite equivocacións e que simplifica o cumprimento da súa obriga  de cotizar respecto á Seguridade Social.

  • Aforro en tempo e custos ao non ter que ir xestionar en persoa a cotización, afiliación e partes médicos nas administracións da TGSS  e podendo, en cambio, facela dende o propio centro de traballo.

  • Notificación da publicación de normativas e información de interese (Noticias RED ), que se poñen a disposición do usuario a través da páxina web da seguridade social www.seg-social.es

  • Impresión de documentos con validez legal ante terceiros, mediante o uso de sistemas de cifrado de datos, de tal modo que a  TGSS   insire un selo dixital ou pegada nos documentos presentados e permite a súa impresión tantas veces como se desexe.

  • Garantía de seguridade e privacidade en todos os trámites de cotización, afiliación e partes médicos realizados a través de RED Directo co uso do Certificación Dixital  SILCON  ou DNI  electrónico.
Complementary Content
${loading}