Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Sede como Portal

A Sede transformouse nun portal que che permite autenticarte e manter a túa identificación para acceder aos servizos. Podes acceder dende a cabeceira ou ao entrar nalgún dos servizos.

Dependendo do trámite que queiras realizar pedirémosche que te identifiques cun medio que garanta un determinado nivel de seguridade para a túa propia protección.

Cómo identificarme

Existen catro niveis de seguridade clasificados do 0 ao 3. Poderás visualizar o nivel requirido na figura que, en forma de cadeado, se sitúa ao lado da denominación de cada servizo electrónico. O cadeado amosarase aberto cando te identifiques cun medio que garanta ese nivel de seguridade. Se algún servizo precisa un nivel superior permitirache logarte de novo co tipo de acceso necesario.



Nivel 0 Non require identificación previa

Nivel 1 Vía SMS
Clave PIN (nivel básico ou avanzado)
Cl@ve Permanente (nivel básico ou avanzado)
Cl@ve Permanente (nivel avanzado) + SMS de reforzo (OTP)
Certificado electrónico/DNIe

Nivel 2 Clave PIN (nivel avanzado)
Cl@ve Permanente (nivel avanzado)
Cl@ve Permanente (nivel avanzado) + SMS de reforzo (OTP)
Certificado electrónico/DNIe
EU Login

Nivel 3 Cl@ve Permanente (nivel avanzado) + SMS de reforzo (OTP)
Certificado electrónico/DNIe

Os servizos están organizados alfabeticamente por niveis de seguridade e hai dous modos de visualización: acordeón ou tarxetas.
Algúns servizos son ligazóns externas a outros portais que pedirán a autenticación necesaria no portal de destino.

Complementary Content
${loading}