Categoría: Afiliación de traballadores
> Tema:
Se se realizan actividades por conta allea e por conta propia simultaneamente, enmarcables en dous Réximes distintos da Seguridade Social, débese figurar de alta e cotizar en ámbolos dous Réximes.
En primeiro lugar, hai que determinar se procede enmarcar a situación do traballador no Réxime Especial de Traballadores Autónomos. O artigo 2ºdo Decreto 2530/1970, do 20 de agosto, regulador do Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA), define o traballador por conta propia ou autónomo como aquel que realiza de forma habitual, persoal e directa, unha actividade económica a título lucrativo, sen suxeición por ela a contrato de traballo e aínda que utilice o servizo remunerado doutras persoas. En calquera caso, será a Administración da Tesourería Xeral da Seguridade Socialque lle corresponda a que, á vista da documentación concreta, lle indique se procede ou non o seu encadramento no RETA.
No referente á cotización, a normativa actual en materia de Seguridade Social non prevé ningún desconto na cotización se por razón da súa actividade laboral debe estar incluído simultaneamente nos Réximes Xeral e de Traballadores Autónomos.
A dobre cotización ou pluriactividade poderá dar dereito á remuneración das prestacións por cada un dos Réximes nos que estea dado de alta, cando se acrediten as correspondentes cotizacións superpostas e sempre que se cumpran os requisitos esixidos por cada Réxime para acadar o dereito a estas.