Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Forma e prazos de comunicar a inscrición

O empresario que por primeira vez vaia contratar traballadores, deberá solicitar a súa INSCRICIÓN como empresa antes do inicio de actividade, na Administración da Tesourería Xeral da Seguridade Social máis próxima ao seu domicilio. Se dispón dun certificado dixital, pode presentar a súa solicitude accedendo ao trámite "Inscrición do empresario" a través da Sede Electrónica ou ben tramitar directamente a súa solicitude a través dos correspondentes servizos dispoñibles para "Empresas" Documentación que hai que presentar:

  1. Se é empresario individual:
    1. Modelo oficial de solicitude.
    2. Documento de identificación do titular da empresa, empresario individual ou titular do fogar familiar. 
    3. Documento emitido polo Ministerio de Economía e Facenda asignando o Número de Identificación Fiscal no que conste a Actividade Económica da Empresa (non se require este documento para o Sistema Especial de Empregados do Fogar).
  2. Empresario colectivo e Sociedades Españolas:
    • Os documentos 1, 2 e 3 indicados no parágrafo anterior .
    • Escritura de Constitución debidamente rexistrada ou certificado do Rexistro correspondente (Libro de Actas no caso de Comunidades de Propietarios).
    • Fotocopia do DNI de quen asina a solicitude de inscrición.
      Documento que acredite os poderes do asinante, se non están especificados na escritura.
  3. Empresario colectivo e Sociedades Estranxeiras:
    • Se establecen centro de traballo en España:
      • Os documentos indicados no parágrafo anterior nos casos de sucursais e empresas que trasladan o seu domicilio a España.
    • Se non establecen centro de traballo en España:
      • Os documentos 1, 2 e 3 indicados con carácter xeral e fotocopia das escrituras de constitución da empresa estranxeira con certificado de estar inscrita no rexistro correspondente ou o equivalente esixido pola súa lexislación para empresas da Unión Europea.
      • Os documentos 1, 2 e 3 indicados con carácter xeral e certificado expedido polo cónsul español da súa autorización e constitución legal no seu país (no caso de terceiros países).
      • Nomeamento ou poder de representación dun representante legal con domicilio en España.
Complementary Content
${loading}