Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Axuda

Resolución de pantalla

Estas páxinas foron deseñadas para a súa correcta visualización nun monitor coa resolución axustada a 800 por 600 píxeles ou maior, e con 256 cores (8 bits).

Presentación do web

O web da Seguridade Social presenta as seguintes características:

  • Contén unha estrutura de contidos e un sistema de navegación que lle garanten ao usuario a accesibilidade e a facilidade de uso.
  • Permite acceder ao contido buscado por diferentes rutas de navegación.
  • Unha parte importante da información está agrupada e orientada a distintos perfís de usuarios como, por exemplo, traballadores, pensionistas e empresarios. traballadores, pensionistas e empresarios.
  • Amósase a ruta de navegación seguida polo usuario en todos os sitios.
  • Existen contidos traducidos a distintas linguas (inglés, francés, castelán, catalán, galego, éuscaro e valenciano) ás que se pode acceder elixindo calquera das opcións no despregable facilitado no ángulo superior dereito da Web.

Estrutura do web

[D]

Esta imaxen amosa a páxina principal do web da Seguridade Social dividida en cinco partes que se describen na lenda inferior.


[1] Cabeceira: composta por: o logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, o cal enlaza coa Web do Ministerio de Emprego e Seguridade Social; diferentes opcións que tratan de servir de axuda na navegación pola Web; unha ligazón ao contido referente a "Información lingüística"; un despregable para a selección da lingua de navegación e un buscador.

[2] Menú superior de navegación: con ligazóns directas a distintas seccións.

[3] Acceso a información orientada a tres perfís: Traballadores, Pensionistas e Empresarios.

[4] Panel central de pestanas: “Novidades”, “Información útil” e “O máis visitado”.

[5] Lateral dereito: con iconas destacadas e sección “A un clic”.

[6] Iconas destacadas: con acceso directo ás Revistas da Seguridade Social.

[7] Iconas institucionais: amósanse iconas de carácter institucional, con acceso directo ao sitio web que representan.

[8] Pé de páxina: concibida como área participativa, onde se dispón do Aviso Legal do sitio Web, o acceso á subscrición das fontes RSS e se mostran os diferentes logotipos de accesibilidade.

Principais seccións

  • Buscador simple e buscador avanzado: presentan a posibilidade de multilinguaxe.
  • Mapa Web: amosa como están distribuídos os contidos do portal.
  • FAQ e Consultas: seccións que serven para responder ou formular cuestións relativas aos contidos da Web.
  • Calendario laboral: amosa as festividades nacionais, autonómicas e locais do ano en curso.
  • Enderezos e teléfonos: facilita os datos de contacto (teléfono, enderezo e mapa de localización) das distintas entidades da Seguridade Social (administracións, unidades de recadación executivas, oficinas de rexistro, |etc.).
  • O máis visitado: amosa os contidos con maior número de visitas da Web.
  • A un clic: Área integrada por ligazóns a contidos situados na Sede Electrónica (Cita previa para pensións e prestacións, Perfil de contratante e Tarxeta sanitaria europea) ou a contidos ou servizos localizados na Web.
  • Información relacionada en páxinas interiores: amósanse ligazóns que permiten acceder a páxinas que polo seu contido poden ser de interese.

Ademais, existen seccións específicas que posibilitan realizar os trámites e xestións do usuario coa Seguridade Social, evitando desprazamentos a algunha das oficinas:

  • Sede Electrónica: onde se inclúen todos os trámites que o usuario pode realizar telematicamente coa Seguridade Social.
  • Formularios e modelos: onde o usuario pode encontrar os formularios ou modelos de solicitude dispoñibles na Web.
  • Trámites e xestións: sección que amosa ao usuario os pasos que ha de seguir para realizar os seus trámites e xestións coa Seguridade Social.
  • Sistema RED : servizo que ofrece a TGSS a empresas para o intercambio de información e documentos por medios telemáticos.
  • Perfil de contratante e poxas e concursos de bens: onde aparece información sobre licitacións convocadas, poxas e compra/venda de inmobles.
Complementary Content
${loading}