Valore este contenido
Programa de nóminas
Como adapta o seu programa de nómina e xestión de persoal?
Se se ten un programa de nóminas e xestión de persoal de desenvolvemento propio, as especificacións técnicas necesarias para adaptar a súa nómina están recollidas no Manual de instrucións técnicas publicado pola TXSS. Se o seu programa de nómina e xestión de persoal foi desenvolto por un provedor de nóminas, debe solicitarlle ao seu provedor a última versión adaptada.
Por que é necesario adaptar a súa nómina?
Porque os ficheiros que son enviados a través do Sistema RED deben ter unha estrutura específica. Por iso, o sóftware de validación e adaptación proporcionado pola TXSS (WinSuite32), unha vez seleccionado o ficheiro que hai que procesar, o primeiro que fai é validalo, é dicir, comprobar que ten a estrutura correcta para ser enviado a través do Sistema RED. Unha vez validado, adáptao para o seu envío.