- Incapacidade permanente parcial para a profesión habitual:
Aquela que, sen alcanzar o grao de total, ocasiona ao traballador unha diminución non inferior ao 33% no seu rendemento normal para esa profesión, sen impedirlle a realización das tarefas fundamentais da mesma.
- Incapacidade permanente total para a profesión habitual:
A que inhabilita ao traballador para a realización de todas ou das fundamentais tarefas desta profesión, sempre que poida dedicarse a outra distinta.
- Incapacidade permanente absoluta para todo traballo:
A que inhabilita por completo ao traballador para toda profesión ou oficio.
- Grande invalidez:
A situación do traballador afecto de incapacidade permanente e que, por consecuencia de perdas anatómicas ou funcionais, necesite a asistencia doutra persoa para os actos máis esenciais da vida, tales como vestirse, desprazarse, comer ou análogos.
Cada un destes graos en que se clasifica a incapacidade permanente dará dereito, no seu caso, á correspondente prestación económica por incapacidade permanente.