Novo marco legal para a protección social dos traballadores do mar
Documentos | Descarga | Fecha |
---|---|---|
Novo marco legal para a protección social dos traballadores do mar | (PDF,667 KB) | 04/03/2016 |
Aviso Cookies
Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.
Documentos | Descarga | Fecha |
---|---|---|
Novo marco legal para a protección social dos traballadores do mar | (PDF,667 KB) | 04/03/2016 |
Quedarán comprendidas no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores do Mar as seguintes persoas traballadoras por conta allea:
Tamén estarán incluídas as persoas traballadoras que desenvolvan as devanditas actividades ao servizo das confrarías de pescadores e as súas federacións, das cooperativas do mar e das organizacións sindicais do sector marítimo-pesqueiro e asociacións de armadores.
Para os efectos do encadramento neste Réxime Especial das persoas traballadoras de empresas de estiba portuaria, a empresa deberá ser titular da correspondente licenza do servizo portuario de manipulación de mercadorías ou licenza de autoprestación, independentemente do carácter estatal ou autonómico do porto.
Os traballadores do mar que causen baixa no réxime especial do mar e non queden incluídos noutros, poden subscribir co Instituto Social da Mariña o correspondente "convenio especial". Este cubrirá as continxencias de invalidez permanente, morte e supervivencia, por enfermidade común e accidente non laboral, xubilación, servizos sociais e asistencia sanitaria se é o caso. A solicitude poderá formularse en calquera momento, sempre que se reúnan os requisitos e condicións establecidas con carácter xeral para o resto dos traballadores.
Os mariños emigrantes e os fillos deles que posúan a nacionalidade española, con independencia de que con anterioridade estiveran ou non afiliados á Seguridade Social española e independentemente do país no que traballen e de que ese país teña ou non subscrito con España un acordo ou convenio en materia de Seguridade Social, poderán subscribir un convenio especial nos termos establecidos no Real decreto 996/1986 do 25 de abril.
Condicións e requisitos xerais: igual ca no réxime xeral.
Tramitación: direccións provinciais e locais do ISM.