Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Requisitos e contía

Requisitos


En xeral:

  • Figurar inscrito como demandante de emprego durante un mes, sen rexeitar oferta de emprego axeitada, nin negarse a participar, agás causa xustificada, en accións de promoción, formación ou reconversión profesional.
  • Carecer de rendas de calquera natureza superiores, en cómputo mensual, ao 75% do Salario Mínimo Interprofesional vixente, excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.

E ademais, atoparse nalgunha das seguintes situacións:

  • Esgotar a contributiva e ter cargas familiares.
  • Esgotar a contributiva, carecer de cargas familiares e ser maior de 45 anos na data do esgotamento.
  • Emigrante retornado de países non pertencentes ao Espazo Económico Europeo, ou cos que non exista Convenio sobre protección por desemprego, sen dereito á contributiva, despois de traballar no estranxeiro polo menos 12 meses nos últimos seis anos nos devanditos países dende a súa última saída de España.
  • Liberado de prisión sen dereito á contributiva sempre que a privación de liberdade o fose por tempo superior a 6 meses e persoas que gocen da remisión da súa condena por realizar un tratamento de desintoxicación durante polo menos 6 meses.
  • Ser declarado plenamente capaz ou inválido parcial.  
  • Estar en situación legal de desemprego, non ter dereito á prestación por non alcanzar o período de cotización de 360 días sempre que cotizase polo menos tres meses se ten responsabilidades familiares, ou seis meses se non ten cargas familiares, e sen ter que cumprir o requisito do mes de espera.
  • Maior de 52 anos, con 6 anos cotizados ao desemprego ao longo da vida laboral e reunir os requisitos da xubilación agás a idade, que se encontren nalgunha das situacións consideradas nos apartados anteriores.

    Se na data na que se atopen nalgún dos supostos previstos nos apartados anteriores, os traballadores non tivesen feitos os cincuenta e dous anos, pero, desde a devandita data, permaneceran inscritos ininterrompidamente como demandantes de emprego nos servizos públicos de emprego, poderán solicitar o subsidio cando cheguen a esa idade. Para estes efectos, entenderase cumprido o requisito de inscrición ininterrompida cando cada unhas das posibles interrupcións teña unha duración inferior a noventa días e no se computan os períodos que correspondan á realización de actividade por conta propia e allea. Neste último caso, o traballador non poderá acceder ao subsidio cando o cesamento no último traballo fose voluntario.

    Para manter o subsidio para maiores de 52 anos, anualmente deberá presentar unha declaración dos seus ingresos.


Contía


  • 80% do Indicador Público de Rendas de Efectos Múltiples (IPREM): 80% * 600,00€/mes = 480,00€/mes. 

    • No caso de desemprego por perda dun traballo a tempo parcial,  a devandita contía percibirase en proporción ás horas previamente traballadas cando se encontren na situación de esgotar a contributiva, con ou sen cargas familiares, ou na situación de estar en situación legal de desemprego, que se recolle no apartado anterior, cando por estas causas se perciba o subsidio para maiores de 52 anos, percibirase sen parcialidade.  
    Complementary Content
    ${loading}