Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Información xeral

Resultados de la búsqueda

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

Calendario de Accións Formativas

As datas de impartición dos cursos incluídos neste Plan de Formación, adecuaranse ás necesidades e dispoñibilidade dos traballadores e traballadoras do mar.
As persoas interesadas en solicitar a súa participación nalgún estes cursos poderán dirixirse á dirección provincial ou local do Instituto Social da Mariña máis próxima ao seu domicilio onde se lles indicarán as datas das distintas edicións de cada tipo de curso.

Gastos reembolsables e reclamación de débeda

Con carácter xeral, as accións formativas que imparta o ISM realizaranse o máis preto posible á localidade de residencia dos seus beneficiarios.
A asistencia aos cursos (docencia) incluídos nos plans anuais do ISM non levará consigo gasto ningún para os seus beneficiarios/as.
Respecto aos gastos de desprazamento, aloxamento e manutención nos que poida incorrer o alumno ou alumna que finalizase a acción formativa ou que, por causas xustificadas, non puidese iniciala ou tivese que abandonala, o ISM asumirá os seguintes gastos nos termos regulados nos artigos 27, 28 e 29 do Real Decreto 292/2018, do 18 de maio, e no artigo 4 da Orde TMS/693/2018, do 28 de xuño:

a) Gastos de desprazamento e de manutención cando a distancia entre a localidade de residencia do alumno ou alumna e a localidade na que se sitúa o centro de formación sexa igual ou superior a 30 quilómetros.

b) Gastos de desprazamento, manutención e aloxamento cando a distancia entre a localidade de residencia do alumno/alumna e a localidade na que se sitúa o centro de formación sexa igual ou superior a 50 quilómetros.

Criterios de selección de asistentes a cursos

A selección de asistentes aos cursos farase nos termos establecidos no artigo 12 do Real Decreto 292/2018, do 18 de maio, seguindo o procedemento do seu artigo 13.

Requisitos de acceso á oferta formativa do Instituto Social da Mariña

Ademais de cumprirse a condición de beneficiario na data de presentación da solicitude, tamén deberán acreditarse, na devandita data, os requisitos esixidos polo Instituto Social da Mariña para acceder ao tipo de curso que se solicite.

Beneficiarios da Formación

Poderán ser beneficiarios/as da formación profesional marítima e sanitaria:

  • Os traballadores e traballadoras de nacionalidade española ou nacionais dun estado membro da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo que residan en España e os estranxeiros que conten con permiso de traballo e residencia en vigor, que estean afiliados e en situación de alta ou asimilada á alta, incluídos os traballadores fixos descontinuos, no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores do Mar no momento da presentación da solicitude.
  • Os e as solicitantes de admisión a un curso do ISM sen incluír no apartado anterior, que no momento de presentar a solicitude sexan demandantes dunha ocupación do sector marítimo pesqueiro.
Complementary Content
${loading}