Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Violencia contra a muller

A violencia de xénero e calquera outra forma de violencia contra a muller combátese de maneira integral a través dos poderes públicos.

Na Seguridade Social dispoñemos de medidas que mitigan os efectos sufridos, nestas situacións de violencia, xa sexa polas propias mulleres como tamén polos seus fillos.

Neste apartado reunimos as medidas que a Seguridade Social ten previstas nos casos de violencia contra a muller.

Consideración como período de cotización efectiva

No caso no que o contrato de traballo se deba suspender por decisión da traballadora que se vexa obrigada a abandonar o seu posto de traballo como consecuencia de ser vítima de violencia de xénero, este período de suspensión considerarase como período de cotización efectiva.

Isto significa que ese período se terá en conta para as prestacións da Seguridade Social de: xubilación, incapacidade permanente, morte e supervivencia, nacemento e coidado de menor, desemprego e coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave.

Tamén se considerará que a vítima se encontra en situación asimilada á alta, é dicir, que aínda que non estea de alta nunha empresa, considerarase que si o está.

Prestación de Ingreso Mínimo Vital

Mellora a situación das vítimas de violencia de xénero e outras formas de violencia contra a muller, a través das seguintes medidas:


    1. En relación co ámbito subxectivo:
      • Beneficiarios:

        Para poder ser beneficiaria da prestación, e sempre que non se integren nunha unidade de convivencia, non se esixirá o cumprimento do requisito de idade nin o de ter iniciado os trámites de separación ou divorcio cando estea unida a outra persoa por vínculo matrimonial ou como parella de feito, ás mulleres vítimas de violencia de xénero ou de trata de seres humanos e explotación sexual.

        Poderán ser beneficiarias da prestación de ingreso mínimo vital as mulleres vítimas de violencia de xénero ou de trata de seres humanos ou de explotación sexual, aínda cando estas sexan usuarias dunha prestación de servizo residencial de carácter permanente.

        Terá a consideración de persoa beneficiaria, que non se integre nunha unidade de convivencia, ou no seu caso, de persoa beneficiaria integrada nunha unidade de convivencia independente, aínda que conviva no mesmo domicilio con outras coas que estean unidas entre se por vínculo matrimonial, como parella de feito ou por vínculo ata o segundo grao de consanguinidade, afinidade, adopción, e outras persoas coas que conviva en virtude de garda con fins de adopción ou acollemento familiar permanente, a muller vítima de violencia de xénero, que abandonase o seu domicilio familiar habitual acompañada ou non dos seus fillos ou de menores en réxime de garda con fins de adopción ou acollemento familiar permanente.

      • Titulares:
        Para ser titular da prestación, cando non se integren nunha unidade de convivencia, non se esixirá o cumprimento do requisito de idade ás mulleres vítimas de violencia de xénero ou vítimas de trata de seres humanos e explotación sexual. Nestes casos, só se esixirá que a persoa titular sexa maior de idade ou menor emancipada.

    2. En relación cos requisitos de acceso:
      • Elimínase, para as mulleres vítimas de violencia de xénero e de persoas vítimas de trata de seres humanos e de explotación sexual, a acreditación do cumprimento do requisito xeral de ter tido residencia legal e efectiva en España de forma continuada e ininterrompida durante polo menos o ano inmediatamente anterior á data de presentación da solicitude.
      • No caso de beneficiarios individuais da prestación de ingreso mínimo vital non integrados nunha unidade de convivencia, elimínase o deber de acreditar ter vivido de forma independente en España durante polo menos os dous anos inmediatamente anteriores á data da solicitude (para os menores de 30 anos) ou en domicilio distinto ao dos seus proxenitores, titores ou acolledores durante o ano inmediatamente anterior á solicitude (para os maiores de 30 anos), nos supostos de vítimas de violencia de xénero que abandonasen o seu domicilio habitual ou se se trata de persoas vítimas da trata de seres humanos e de explotación sexual.
      • Cando as persoas beneficiarias formen parte dunha unidade de convivencia, non se esixirá que a mesma estea constituída, durante polo menos os seis meses anteriores á presentación da solicitude, de forma continuada, nos supostos de mulleres vítimas de violencia de xénero ou vítimas de trata de seres humanos e explotación sexual.

    3. En relación coa acreditación de requisitos:
      • As mulleres vítimas de violencia de xénero e os seus fillos poderán acreditar a residencia legal en España coa autorización provisional de residencia expedida pola autoridade competente para outorgar a autorización de residencia por circunstancias excepcionais, en tanto se resolve sobre esta última autorización.
      • As persoas vítimas de trata de seres humanos e de explotación sexual, así como os seus fillos, poderán acreditar a residencia legal en España coa autorización provisional de residencia expedida pola Secretaría de Estado de Seguridade do Ministerio do Interior por colaboración coas autoridades policiais ou xudiciais, ou expedida pola Secretaría de Estado de Migracións en atención á situación persoal da vítima.
      • A condición vítima de violencia de xénero acreditarase por calquera dos medios establecidos no artigo 23 da Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero.
      • A condición de vítima de trata de seres humanos e de explotación sexual, acreditarase a través dun informe emitido polos servizos públicos encargados da atención integral a estas vítimas ou polos servizos sociais, así como por calquera outro medio de acreditación que se determine regulamentariamente.

    4. En relación coa contía:
      • Considerarase unidade de convivencia monoparental, para os efectos da percepción do complemento de monoparentalidade, a formada exclusivamente por unha muller que sufriu violencia de xénero, consonte coa Lei Orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e un ou máis descendentes ata o segundo grao, menores de idade, sobre os que teña a garda e custodia ou, no seu caso, un ou máis menores en réxime de acollemento familiar permanente ou garda con fins de adopción.


Impedimento para que o agresor sexa beneficiario de prestacións ou lle poida ser aboada a pensión de orfandade aos fillos

No caso de falecemento da muller vítima  de violencia de xénero, o agresor condenado por un delito de homicidio, ou de lesións, non poderá percibir unha pensión de viuvez nin se lle aboará a pensión de orfandade da que puidesen ser beneficiarios os seus fillos menores de idade.

Da pensión de viuvez que no seu caso tivese podido corresponder ao agresor beneficiaranse os orfos, ou os titulares da pensión en favor de familiares, a través dun incremento na contía da súa pensión.

Estas medidas poden adoptarse cautelarmente, isto é, sen necesidade de que recaese unha sentenza firme, sempre que recaia resolución xudicial da que se deriven indicios racionais de que o suxeito investigado é responsable dun delito doloso de homicidio en calquera das súas formas, se a vítima fose o suxeito causante da prestación.

Orfandade para as fillas e fillos de vítimas de violencia de xénero e outras formas de violencia contra a muller

Mellora a situación de orfandade para fillas e fillos de vítimas de violencia de xénero e outras formas de violencia contra a muller, a través das seguintes medidas:

  • Mellora da porcentaxe da pensión de orfandade absoluta, que pasa do 52 % anterior ao 70 % nos casos de carencia de rendas (rendementos inferiores ao 75 % do salario mínimo interprofesional) dos membros da unidade familiar de convivencia; e incremento do conxunto de pensións de orfandade no caso de existencia de varios beneficiarios, ao permitirse acadar o 118 % da base reguladora (ata entón era o 100 %) e establecerse unha garantía de importe mínimo conxunto.
  • Nova prestación de orfandade prevista para os casos nos que, por ausencia ou insuficiente cotización da nai falecida como consecuencia de violencia contra a muller, os orfos absolutos non tivesen dereito a pensión de orfandade. Para estes supostos a prestación calcúlase aplicando unha porcentaxe fixa (20 % con carácter xeral ou 70 % nos casos de carencia de rendas) sobre a base mínima de cotización do Réxime Xeral. Así mesmo, permítese acadar o 118 % da devandita base reguladora no caso de varios beneficiarios desta nova prestación.
  • Máis información en: Orfandade por violencia contra a muller.

    Solicitude Viuvez, Orfandade, Favor de familiares e Auxilio por defunción.

Xubilación anticipada involuntaria

A extinción da relación laboral da muller traballadora como consecuencia de ser vítima de violencia de xénero permite acceder á modalidade de xubilación anticipada involuntaria, sempre que se cumpran o resto dos requisitos que establece a norma.

Solicitude de xubilación.

Asistencia Sanitaria

A muller vítima de violencia non terá que manter o dereito á asistencia sanitaria asociado ao do seu agresor. Para garantir o principio de protección integral da vítima o INSS recoñeceralle a titularidade do dereito á asistencia sanitaria e poderá estender o dereito ás súas fillas e fillos.

Protección de datos

A Seguridade Social limita en todo caso o acceso e utilización dos datos persoais.

Ademais, as vítimas de violencia contra a muller poden solicitar, a través das nosas Oficinas da Seguridade Social, que o acceso aos seus datos queden especialmente limitado e controlado.

Pensión de viuvez nos casos de separación, divorcio ou nulidade matrimonial

As mulleres vítimas de violencia de xénero no momento da separación xudicial ou o divorcio (mediante sentenza firme, ou arquivo da causa por extinción da responsabilidade penal por falecemento)  terán dereito á pensión de viuvez con independencia de ser ou non acredoras da pensión compensatoria.

Solicitud de viudedad, orfandad y favor de familiares.

Complementary Content
${loading}