Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Centros médicos colaboradores co seguro escolar

Relación de Centros Colaboradores, concertados ou autorizados, co Seguro Escolar

A relación de Centros Colaboradores, concertados ou autorizados, co Seguro Escolar, aparecen adxuntos no seguinte documento:

En la siguiente tabla podrá descargarse los siguientes Documentos.
Documentos Descarga Fecha
Relación de centros colaboradores Descargar documento Relación de centros colaboradores. O documento abrirase nunha ventá nova. Descargar documento Relación de centros colaboradores. O documento abrirase nunha ventá nova. (PDF,267 KB) 05/10/2023

Requisitos para a colaboración

Os centros sanitarios colaboradores deberán presentar a seguinte documentación:

  • A escritura de constitución ou modificación, se é o caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o for, deberá acompañarse da escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que consten as normas polas que se regula a súa actividade, inscrito, no seu caso, no correspondente Rexistro oficial.
  • Documento Nacional de Identidade (DNI), ou documento que o substitúa, dos empresarios, persoas físicas e, se é o caso, do seu representante legal.
  • No suposto de que o centro sanitario actúe por medio de apoderado, poder bastante ao efecto e fotocopia debidamente legalizada do seu DNI, ou do documento que o substitúa. O poder deberá figurar inscrito no Rexistro Mercantil, agás se se trata dun poder para acto concreto.
  • Documento acreditativo do Código de Identificación Fiscal (CIF), o DNI, ou documento que o substitúa, das persoas facultadas para licitar e/ou formalizar contratos coas Administracións Públicas, así como o documento de apoderado ou de outorgamento de facultades para estes actos.
  • Memoria descritiva do centro, que detalla a función e o nivel de cobertura asistencial que ofrece e o equipamento material co que conta.
  • Achega, mediante soporte informático, das bases de datos cos medios privados propios ou concertados ofertados para a colaboración.
  • Relación nominal, en vigor, do persoal que presta a súa actividade no centro.
  • Copia do título oficial de cada un dos profesionais sanitarios, que faga referencia á súa especialidade.
  • Autorización administrativa, en vigor, de apertura e funcionamento do centro, expedida pola Consellaría de Sanidade da Comunidade Autónoma correspondente ou autorización ou habilitación para prestar asistencia sanitaria en España.
  • Certificado, en vigor, de estar ao corrente das obrigas tributarias e de Seguridade Social, expedido polo órgano competente.
  • Acreditación da solvencia económica ou profesional.
  • Certificado de estar dado de alta no censo de Imposto de Actividades Económicas ou, no seu defecto, o último recibo de pagamento deste.

Se quen solicita a colaboración é un profesional sanitario incluído no RETA, deberá achegar:

  • O documento onde conste a relación contractual que o vincula ao centro onde presta os seus servizos. Se o devandito profesional estivese incluído nunha mutualidade de previsión social alternativa ao RETA, deberá achegar ademais un certificado que acredite a alta nesta.
  • Solicitude na que conste o nome, os apelidos, o IPF e a especialidade a desempeñar.
  • Copia do título oficial da súa especialidade.
  • Certificado, en vigor, de estar ao corrente das obrigas tributarias e de Seguridade Social, expedido polo órgano competente.
  • Acreditación da solvencia económica ou profesional.
  • Certificado de estar dado de alta no censo de Imposto de Actividades Económicas ou, no seu defecto, o último recibo de pagamento deste.
  • Achega, mediante soporte informático, das bases de datos cos medios privados propios ou concertados ofertados para a colaboración.

Ademais da documentación anterior, tanto os centros coma os profesionais sanitarios deberán achegar as seguintes declaracións responsables:

  • Declaración responsable sobre confidencialidade de datos médicos.
  • Declaración responsable sobre medios para a asistencia.

Para manter a autorización concedida ao centro ou profesional colaborador será condición indispensable actualizar a documentación esixida sempre que sexa necesario e, en todo caso, anualmente. 

Declaracións responsables Centros colaboradores

Para solicitar a colaboración co INSS, o Centro deberá achegar, ademais da documentación requirida, os seguintes modelos de declaración responsables, debidamente cubertos.

En la siguiente tabla podrá descargarse los siguientes Documentos.
Documentos Descarga Fecha
Declaración responsable sobre confidencialidad de datos médicos Descargar documento Declaración responsable sobre confidencialidad de datos médicos. O documento abrirase nunha ventá nova. Descargar documento Declaración responsable sobre confidencialidad de datos médicos. O documento abrirase nunha ventá nova. (PDF,232 KB) 21/04/2022
Declaración responsable sobre medios para la asistencia Descargar documento Declaración responsable sobre medios para la asistencia. O documento abrirase nunha ventá nova. Descargar documento Declaración responsable sobre medios para la asistencia. O documento abrirase nunha ventá nova. (PDF,219 KB) 21/04/2022

Modelo factura Seguro Escolar Centros colaboradores

Para os tratamentos dispensados a partir do 1 de xuño de 2022, o Centro colaborador deberá achegar, en formato PDF, o seguinte arquivo Excel debidamente cuberto.

En la siguiente tabla podrá descargarse los siguientes Documentos.
Documentos Descarga Fecha
Modelo Factura Seguro Escolar centros colaboradores 2022 Descargar documento Modelo Factura Seguro Escolar centros colaboradores 2022. O documento abrirase nunha ventá nova. Descargar documento Modelo Factura Seguro Escolar centros colaboradores 2022. O documento abrirase nunha ventá nova. (XLSM,527 KB) 30/05/2022
Modelo de factura Seguro Escolar Centros colaboradores 2023 Descargar documento Modelo de factura Seguro Escolar Centros colaboradores 2023. O documento abrirase nunha ventá nova. Descargar documento Modelo de factura Seguro Escolar Centros colaboradores 2023. O documento abrirase nunha ventá nova. (XLSM,1080 KB) 30/10/2023
Complementary Content
${loading}