Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Auxilio por defunción

Pode enlazar á sección Trámites e Xestións para ver unha versión simplificada.

Beneficiarios

  • Quen soportase os gastos do enterro.
  • Agás proba en contrario, presúmese que estes gastos foron soportados, por esta orde, polo cónxuxe sobrevivente, o sobrevivente dunha parella de feito, os fillos e os parentes do falecido que convivisen habitualmente con el.

Contía

  • 46,50 euros.

Causante: Requisitos

A persoa falecida debe encontrarse, na data do falecemento, nalgunha das seguintes situacións:

  1.  En alta ou situación asimilada á alta.
  2.  Ser pensionista de xubilación ou incapacidade permanente de nivel contributivo.

Aínda cando non se precise carencia, cando o falecido era responsable do pagamento das cotizacións, deberá estar ao corrente de pagamento das cotas.

Non se causa este dereito:

  •  Cando o falecido, na data do falecemento, se encontre en situación de non alta.
  •  Cando se trate de traballadores desaparecidos (ben sexa en accidente, laboral ou non, ou desaparecidos por calquera outra causa) e dados por falecidos.
  •  Pensionistas do SOVI, xa que a prestación de auxilio por defunción non estaba considerada dentro da acción protectora dese Réxime.

Documentos que deben acompañar a solicitude

Os documentos que se indican a continuación débense presentar en orixinal e acompañados de copia para a súa compulsa ou en fotocopia xa compulsada, excepto para os documentos de identidade do punto 1 nos que será suficiente a exhibición do orixinal.

1. Acreditación de identidade do solicitante mediante a seguinte documentación en vigor:

  • Españois: Documento Nacional de Identidade (DNI).
  • Estranxeiros residentes ou non residentes en España: Pasaporte ou, se é o caso, documento de identidade vixente no seu país e NIE (Número de Identificación de Estranxeiro) esixido pola AEAT para os efectos de pagamento.

2. Certificado da Acta de defunción do falecido.

3. Se existe parentesco entre o solicitante e o falecido, Libro de Familia actualizado ou Actas acreditativas do parentesco expedidas polo Rexistro Civil ou polo rexistro de parellas de feito da comunidade autónoma ou localidade de residencia.

4. Certificado do Concello que acredite a convivencia co falecido da parella de feito e dos parentes distintos do cónxuxe e fillos menores.

5. Se non existe parentesco ou convivencia entre o solicitante e o falecido, documento acreditativo de ter satisfeito os gastos do enterro.

 

Complementary Content
${loading}