- Por facer 21 anos (agás que en tal momento tivese reducida a súa capacidade de traballo nunha porcentaxe valorada nun grao de incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez).
Cando só existe un proxenitor, se o orfo non traballa ou os seus ingresos son inferiores ao SMI: - Dende o 02-08 ao 31-12 de 2011, ao facer 22 anos.
- Durante 2012, ao facer 23 anos.
- Durante 2013, ao facer 24 anos.
- A partir de 2014, ao facer 25 anos ou dende o primeiro día do mes inmediatamente posterior ao do inicio do seguinte curso académico
Cando non exista ningún proxenitor ou o orfo presentase unha discapacidade en grao igual ou superior ao 33%, se o orfo traballa ou os seus ingresos son inferiores ao SMI, a pensión extinguirase aos 25 anos.
Se o orfo estivese cursando estudos e cumprise 25 anos durante o transcurso do curso escolar, a percepción da pensión manterase ata o 1º día do mes inmediatamente posterior ao do inicio do seguinte curso académico. - Por concluír a incapacidade que lle outorgaba o dereito á pensión.
- Por adopción.
- Por contraer matrimonio, agás que estivese afectado de incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez (aplicable aos matrimonios celebrados a partir de 23-11-2005).
- Por falecemento.
- Por comprobarse que non faleceu o traballador desaparecido en accidente.
Se ao extinguirse a pensión, por algunha das catro primeiras causas, o beneficiario non devindicou 12 mensualidades desta, seralle entregada dunha soa vez a cantidade precisa para completalas.
Será a mesma regra de aplicación cando o beneficiario non chegase a devindicar cantidade algunha da pensión de orfandade antes de chegar á idade límite para ser perceptor deste, por tela solicitado en data posterior a chegar a esta idade, sempre que na data do feito causante reunise as condicións para ser beneficiario.