Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Beneficiarios

  • Os fillos do causante, calquera que sexa a natureza legal da súa filiación.
  • Os fillos do cónxuxe sobrevivente achegados ao matrimonio, sempre que este se celebrase dous anos antes do falecemento do causante, convivisen ás súas expensas e ademais non teñan dereito a outra pensión da Seguridade Social, nin queden familiares con obriga e posibilidade de prestarlles alimentos, segundo a lexislación civil.

Na data do falecemento do causante, os fillos indicados nos dous parágrafos anteriores deben ser:

  • Con carácter xeral, menores de 21 anos ou maiores que teñan reducida a súa capacidade de traballo nunha porcentaxe valorada en grao de incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez (aplicable dende 02-08-2011).
  • Nos casos de orfandade absoluta (inexistencia de proxenitores ou adoptantes) e de orfos cunha discapacidade igual ou superior ao 33%:  
    • Cando o orfo non efectúe un traballo lucrativo por conta allea ou propia, ou cando realizándoo, os ingresos que obteña resulten inferiores, en cómputo anual, á contía vixente do SMI que se fixe en cada momento, tamén en cómputo anual, a idade amplíase ata os 25 anos (aplicable dende o 02-08-2011).
    • Se o orfo estivese cursando estudos e fixese os 25 anos durante o transcurso do curso escolar, a percepción da pensión de orfandade manterase ata o día 1 do mes inmediatamente posterior ao do inicio do seguinte curso académico.
  • Nos casos de orfandade simple (cando sobreviva un dos proxenitores ou adoptantes):
    • Se o orfo non traballa ou os seus ingresos son inferiores ao SMI, o límite dos 25 anos será aplicable a partir do 01-01-2014. Ata a devandita data, o límite será: durante o ano 2011, 22 anos; durante o ano 2012, 23 anos e, durante 2013, de 24 anos.
    • Se o orfo estivese cursando estudos e fixese os 25 anos durante o transcurso do curso escolar, a percepción da pensión de orfandade manterase ata o día 1 do mes inmediatamente posterior ao do inicio do seguinte curso académico.
Complementary Content
${loading}