Documentos que deben acompañar a solicitude
Os documentos que se indican a continuación presentaranse en orixinal e acompañados de copia para a súa compulsa, agás para os documentos de identidade nos que será suficiente a exhibición do orixinal.
Se os documentos foron emitidos por organismos estranxeiros, será necesario que cumpran os requisitos de legalización para ser válidos en España.
EN TODOS OS CASOS:
-
Acreditación de identidade do solicitante, representante legal e demais persoas que figuran na solicitude, mediante a seguinte documentación en vigor:
- Españois: Documento Nacional de Identidade (DNI).
- Estranxeiros residentes ou non residentes en España: Pasaporte ou, se é o caso, documento de identidade vixente no seu país e NIE (Número de Identificación de Estranxeiro) esixido pola AEAT para os efectos de pagamento.
- Documentación acreditativa da representación legal, se é o caso, ou da emancipación do solicitante menor de idade. Se é titor institucional, CIF/NIF, documento no que conste o nomeamento de tutela da Institución e certificación acreditativa da representación da Institución. Se está incapacitado xudicialmente debe presentar a resolución xudicial que o declare ou certificado acreditativo do Rexistro civil.
- Certificación da Acta de Defunción do causante falecido.
SE SE SOLICITA PENSIÓN DE VIUVEZ:
a) Se estaba casado/a co causante falecido:
- Libro de familia, acta de Rexistro Civil ou documento estranxeiro equivalente debidamente legalizado ou selado, se é o caso, e traducido, que acredite o matrimonio co causante falecido e o estado civil actual do solicitante.
b) Se estaba separado/a ou divorciado/a do causante falecido ou o matrimonio foi declarado nulo:
- Sentencia xudicial que acredite esa situación e Convenio Regulador desta ou documento que recoñeza o dereito a percibir pensión compensatoria ou indemnización por nulidade. Se non é acredor de pensión compensatoria: Libro de familia se houbo fillos comúns, separouse ou divorciouse antes do 01-01-2008 e é menor de 50 anos, ou acreditación de que foi vítima de violencia de xénero.
- Declaración responsable de concorrencia dos requisitos relativos á pensión compensatoria, mediante o documento facilitado polo INSS, tamén accesible dende esta páxina web.
- Acreditación mediante o Certificado Literal de Nacemento expedido polo Rexistro Civil de que o solicitante, tras o cesamento da súa relación co falecido, non se casou con outra persoa.
Para persoas comprendidas en a) e b):
- Certificado médico no que conste a data de inicio da enfermidade común que determinou o falecemento do causante sempre que non transcorrese un ano entre a data do matrimonio e a do falecemento e non existisen fillos comúns, ou provisionalmente declaración xurada, nos termos ditos anteriormente, mediante o documento facilitado polo INSS. Se existisen fillos comúns, só Libro de familia ou actas de nacemento que o acrediten.
- Acreditación de convivencia se existiu antes do matrimonio.
c) Se era parella de feito do causante falecido:
- Certificado de inscrición da parella no rexistro correspondente da súa Comunidade Autónoma ou localidade de residencia, ou acreditación da constitución da parella de feito mediante escritura pública.
- Actas do Rexistro Civil que acrediten que o solicitante e o causante non estaban casados ou separados doutra persoa durante os 2 anos inmediatamente anteriores ao falecemento se a parella se constituíu mediante escritura pública.
- Certificado de empadroamento do Concello, ou calquera outro medio de proba, que acredite a convivencia co causante durante, polo menos, 5 anos inmediatamente anteriores ao falecemento.
- Acreditación de ingresos do solicitante e do causante no ano natural anterior ao do falecemento; e do solicitante no mesmo ano do falecemento, mediante declaración sobre o IRPF ou, no seu defecto, nóminas salariais, documentos de entidades bancarias, |etc.
SE SE SOLICITA PENSIÓN DE ORFANDADE:
- Libro de Familia ou Acta/s de nacemento dos fillos ou documento estranxeiro equivalente.
Só no caso de causantes falecidas como consecuencia de violencia de xénero contra a muller:
- Documentos acreditativos da devandita circunstancia: sentenza firme, resolución xudicial (autos, providencias ou sentenzas non firmes) da que se desprendan indicios de que o delito investigado é por violencia contra a muller ou informe do Ministerio Fiscal no mesmo sentido.
- No caso de estranxeiros residentes en España, para un posible recoñecemento da prestación de orfandade: certificado de inscrición no Rexistro Central de Estranxeiros ou Tarxeta de Identidade de Estranxeiros.
SE SE SOLICITA PRESTACIÓN EN FAVOR DE FAMILIARES:
- Actas do Rexistro Civil (ou documento estranxeiro equivalente) acreditativas do parentesco co falecido e do estado civil do solicitante.
- Certificado de empadroamento do Concello que acredite a convivencia co falecido durante os 2 anos inmediatamente anteriores ao falecemento.
- Certificado de defunción dos pais, se a prestación se pide para netos/as ou irmáns/ás do falecido.
- Acreditación de ingresos (declaración do IRPF, nóminas salariais ou outro medio adecuado) do solicitante, dos familiares que convivan con el e das persoas con obriga de prestar alimentos –ascendentes, descendentes e as seus cónxuxes/parellas de feito– así como acreditación de identidade e do parentesco co solicitante (actas de Rexistro Civil).
PARA O RECOÑECEMENTO DUN POSIBLE COMPLEMENTO A MÍNIMOS
- No caso de estranxeiros residentes en España: certificado de inscrición no Rexistro Central de Estranxeiros ou Tarxeta de Identidade de Estranxeiros para falecementos posteriores a 01/01/2013.
- Libro de Familia, actas do Rexistro Civil ou certificado oficial que acrediten o parentesco co solicitante.
- Certificado de discapacidade nun grao igual ou superior ao 33% no caso de fillos maiores de 26 anos.
- Auto xudicial ou certificado de acollemento familiar, expedido pola Comunidade Autónoma.
- Certificado de discapacidade e grao recoñecido, nun grao igual ou superior ao 65%, expedido polo IMSERSO ou organismo competente ou auto xudicial do futuro titular.
PARA ACREDITAR OUTRAS CIRCUNSTANCIAS:
- Parte administrativo de accidente de traballo ou enfermidade profesional e certificado empresarial de salarios reais.
- Acta literal de matrimonio expedido polo Rexistro Civil con antelación máxima de tres meses cando o funcionario o considere necesario.
- Acta de defunción do outro cónxuxe se se solicita orfandade absoluta (para orfos de pai e nai).
- Resgardo de matriculación nun centro de estudos oficialmente recoñecido, no caso de orfos estudantes de 24 ou máis anos.
- Factura de gastos de enterro se o solicitante non é cónxuxe, parella de feito ou fillo menor, nin outro familiar convivinte co falecido.
-
Certificado do Rexistro Civil ou Libro de familia, resolución xudicial de adopción ou decisión administrativa ou xudicial de acollemento que acrediten, segundo o caso, os nacementos, adopcións ou acollementos que alegase. No caso de adopcións internacionais constituídas por autoridades estranxeiras deberá acreditarse que produciu efectos en España conforme ás disposicións da Lei de Adopción Internacional.
-
Persoal das forzas armadas e das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado:
-
Se é o caso, resolución do órgano competente do Ministerio de Defensa ou do Interior declarativa de que o falecemento se produciu en acto de servizo acompañada, só no caso de Ministerio de Defensa, do informe técnico de antecedentes en que se basea a devandita resolución, e certificación da Dirección Xeral de Persoal correspondente do importe mensual e anual da pensión extraordinaria que, na data do falecemento, correspondese de terse aplicado o Réxime de Clases Pasivas do Estado.
-