Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Xubilación flexible

Ambito de aplicación

Será de aplicación a todos os Réximes da Seguridade Social, agás aos Réximes Especiais dos Funcionarios Civís do Estado, das Forzas Armadas e do persoal ao servizo da Administración de Xustiza.

Concepto

  • Considérase como situación de xubilación flexible a derivada da posibilidade de compatibilizar, unha vez causada, a pensión de xubilación cun contrato a tempo parcial, dentro dos límites de xornada a que se refire o artigo 12.6 do |ET, coa consecuente minoración daquela en proporción inversa á redución aplicable á xornada de traballo do pensionista, en relación á dun traballador a tempo completo comparable.
  • Para estes efectos, enténdese por "traballador a tempo completo comparable" un traballador a tempo completo da mesma empresa e centro de traballo, co mesmo tipo de contrato de traballo e que realice un traballo idéntico ou similar. Se na empresa non houbese ningún traballador comparable a tempo completo, considerarase a xornada a tempo completo prevista no convenio colectivo aplicable ou, no seu defecto, a xornada máxima legal.
  • A partir do 17-03-2013, o límite de redución de xornada sitúase entre un mínimo do 25% e un máximo do 50%. Consecuentemente, o xubilado debe realizar unha xornada de entre o 75% e o 50% da xornada de traballo a tempo completo.

Comunicación de actividades / Suspensión parcial / Efectos

  • O pensionista de xubilación, antes de iniciar as actividades realizadas mediante contrato a tempo parcial, deberá comunicar tal circunstancia á Entidade xestora respectiva.
    • O importe da pensión a percibir reducirase en proporción inversa á redución da xornada de traballo realizada polo pensionista, en relación á dun traballador a tempo completo comparable.

    • A minoración da contía da pensión terá efectos dende o día no que comece a realización das actividades.

    • A falta de comunicación nos termos indicados terá como efectos:
      • O carácter indebido da pensión, no importe correspondente á actividade a tempo parcial, dende a data de inicio das correspondentes actividades.

      • A obriga de reintegro do indebidamente percibido, sen prexuízo das sancións que procedan de acordo co previsto na Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

      Compatibilidade / Incompatibilidade

      • A pensión de xubilación flexible será incompatible coas pensións de incapacidade permanente que puidesen corresponder pola actividade desenvolvida, con posterioridade ao recoñecemento da pensión de xubilación, calquera que sexa o Réxime no que se causen aquelas.
      • A percepción da pensión de xubilación flexible será compatible coas prestacións de incapacidade temporal ou de maternidade, derivadas da actividade efectuada  a tempo parcial. 

      Cesamento de actividades / Efectos / Recálculo de pensión

      As cotizacións efectuadas nas actividades realizadas, durante a suspensión parcial da percepción da pensión de xubilación, producirán efectos para a mellora da pensión, unha vez producido o cesamento no traballo.

      A estes efectos, unha vez comunicado o cesamento na realización das actividades á Entidade xestora competente, restablecerase a percepción íntegra da pensión de xubilación, previo recálculo da súa contía conforme ás regras seguintes:

      • Procederase a calcular de novo a base reguladora, mediante o cómputo das novas cotizacións e aplicando as regras vixentes no momento do cesamento na actividade, agás que a aplicación do establecido nesta regra dese como resultado unha redución do importe da base reguladora anterior, en cuxo caso, se manterá esta última, aínda que aplicando á contía da pensión as revalorizacións habidas dende a data de determinación da base reguladora ata a do cesamento no traballo.
      • As cotizacións efectuadas, tras a minoración do importe da pensión de xubilación:
        • Darán lugar á modificación da porcentaxe aplicable á base reguladora, en función do novo período de cotización acreditado.

        • Producirán efectos para diminuír ou, no seu caso, suprimir o coeficiente redutor que se aplicase, no momento de causar o dereito á pensión de xubilación anticipada por ter ou non a condición de mutualista.

        • Se o traballador falecese durante a situación de xubilación flexible, a efectos do cálculo das prestacións por morte e supervivencia que correspondan, os beneficiarios poderán optar por que aquelas se calculen:
          • Dende a situación de activo do causante.

          • Ou, no seu caso, dende a situación de pensionista. Neste suposto, tomarase como base reguladora a que serviu para a determinación da pensión de xubilación, aplicándose as revalorizacións habidas dende o momento no que se determinou a correspondente base reguladora.

          Outros efectos

          Durante a percepción da pensión de xubilación flexible, os titulares da mesma manterán a condición de pensionista a efectos de recoñecemento e percepción das prestacións sanitarias.

          Complementary Content
          ${loading}