Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Beneficiarios

Os traballadores por conta allea pertencentes a empresas que, en virtude de convenio colectivo ou pacto, os substitúe ao tempo do seu cesamento por xubilación por outros traballadores, sempre que se cumpran as condicións e os requisitos esixidos:

En relación co traballador:

  • Tener 64 anos de idade real.
    Para feitos causantes a partir do 01-01-2008, data de vixencia da Lei 40/2007, do 4 de decembro, de medidas en materia de Seguridade Social, a idade debe ser real, sen que se teñan en conta as bonificacións por traballos penosos ou por discapacidade (|art.  161 bis LGSS ).
  • Reunir os demais requisitos xerais esixidos para causar dereito á xubilación normal ou ordinaria: estar en alta ou en situación asimilada á de alta no réxime correspondente e acreditar o período mínimo de cotización.
  • Pertencer a unha empresa que, en virtude de convenio ou pacto, estea obrigada a substituír, simultaneamente, o traballador que se xubila por outro traballador que se atope inscrito como desempregado na correspondente oficina de emprego.

En relación coa empresa, o contrato para substituír o traballador que se xubila:

  • Debe cumprir os requisitos e condicións esixidos pola normativa específica da modalidade de contratación elixida, que pode ser calquera das legalmente previstas, excepto a contratación a tempo parcial e a contratación eventual por circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos.
  • Debe ter unha duración mínima dun ano.
  • Formalizarase sempre por escrito e deberá constar o nome do traballador que se substitúe.
  • Rexistrarase na oficina de emprego correspondente, onde quedará depositado un exemplar; outro exemplar entregarase ao traballador que se xubila para que o presente ante a entidade xestora cando solicite a pensión de xubilación.

Obrigas das empresas:

  • Se durante a vixencia do contrato se produce o cesamento do traballador, o empresario debe substituílo, no prazo máximo de 15 días, por outro traballador desempregado e polo tempo que reste para alcanzar a duración mínima do contrato, agás supostos de forza maior.
  • En caso de incumprimento, o empresario deberá aboar á entidade xestora o importe da prestación de xubilación á que se teña dereito desde o momento do cesamento do traballador contratado e ata alcanzar a duración mínima dun ano dende a primeira contratación ou en tanto subsista o incumprimento.
      Complementary Content
      ${loading}