Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Obrigas da empresa

Obrigas en relación cos contratos

  • Se durante a vixencia do contrato de relevo, antes de que o traballador substituído alcance a idade que lle permite acceder á xubilación ordinaria ou anticipada, se producise o cesamento do traballador relevista, o empresario:
    • Deberá substituílo por outro traballador desempregado ou que tivese concertado coa empresa un contrato de duración determinada.

    • Concertará co devandito traballador un novo contrato de relevo no prazo de 15 días naturais seguintes a aquel en que se producise o cesamento.

    • A xornada pactada no novo contrato será, como mínimo, igual á que realizaba o traballador no momento da extinción do seu contrato.

  • Se o traballador xubilado parcialmente fose despedido improcedentemente antes de facer a idade que lle permita acceder á xubilación ordinaria ou anticipada e non se procedese á súa readmisión, a empresa:
    • Ofrecerá ao traballador relevista a ampliación da súa xornada de traballo. Se a xornada de traballo do relevista fose superior á xornada deixada vacante, a ampliación terá como límite a xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, a xornada ordinaria máxima legal..

    • Se a ampliación de xornada non fose aceptada, deberá contratar outro traballador desempregado ou que tivese concertado coa empresa un contrato de duración determinada. A nova contratación deberá facerse na modalidade de contrato de relevo no prazo de 15 días naturais seguintes a aquel en que se producise a decisión de non readmisión tras a declaración de improcedencia do despedimento.

    • A xornada pactada será, como mínimo, igual á que realizaba o traballador no momento da extinción do seu contrato. 

  • En caso de incumprimento das obrigas establecidas nos parágrafos anteriores, o empresario deberá aboar á Entidade xestora correspondente o importe da prestación de xubilación parcial percibido dende o momento da extinción do contrato ata que o xubilado parcial acceda á xubilación ordinaria ou anticipada.

Achega de documentación para os efectos previstos na disposición final 12.2 da Lei 27/2011, do 1 de agosto.

  • Para os efectos da aplicación da regulación da pensión de xubilación vixente antes do 01-01-2013, nos supostos recollidos na disposición final 12.2 da Lei 27/2011, do 1 de agosto, os traballadores afectados, os representantes unitarios e sindicais ou as empresas dispoñerán ata o día 15-04-2013 para comunicar e poñer a disposición das direccións provinciais do INSS ou do ISM copia dos expedientes de regulación de emprego, aprobados con anterioridade ao 01-04-2013, dos convenios colectivos de calquera ámbito así como acordos colectivos de empresa, subscritos con anterioridade á devandita data, ou das decisións adoptadas en procedementos concursais ditadas antes da data sinalada, nos que se considere, nuns e outros, a extinción da relación laboral ou a suspensión desta, con independencia de que a extinción da relación laboral se producise con anterioridade ou con posterioridade ao 01-04-2013.

    Ademais, tamén disporán ata o día 15-04-2013 para comunicar e poñer a disposición das direccións provinciais do INSS ou do ISM os plans de xubilación parcial, recollidos en convenios colectivos de calquera ámbito ou acordos colectivos de empresas, subscritos antes do día 01-04-2013, con independencia de que o acceso á xubilación parcial se producise con anterioridade ou con posterioridade ao 01-04-2013. Xunto á citada documentación presentarase certificación da empresa acreditativa da identidade dos traballadores incorporados ao Plan de Xubilación Parcial con anterioridade ao 01-04-2013.

  • Cando en calquera dos supostos indicados, o expediente de regulación de emprego, o convenio colectivo de calquera ámbito ou acordo colectivo de empresa, ou a decisión adoptada no procedemento concursal afecte un ámbito territorial superior a unha provincia, a comunicación terá lugar na provincia onde a empresa teña a súa sede principal. Para estes efectos, a sede principal deberá coincidir co domicilio social da empresa sempre que nel estea efectivamente centralizada a súa xestión administrativa e a dirección dos seus negocios; noutro caso, atenderase o lugar en que radiquen as devanditas actividades de xestión e dirección.

  • No caso dos convenios colectivos de calquera ámbito ou acordos colectivos de empresa, xunto á copia destes presentarase escrito onde se fagan constar os seguintes extremos: ámbito temporal de vixencia do convenio ou acordo, ámbito territorial de aplicación, se estes non estivesen xa recollidos nos referidos convenios ou acordos, e os códigos de conta de cotización afectados polo convenio ou acordos.

  • No prazo dun mes dende que finalice o prazo de comunicación dos convenios colectivos de calquera ámbito ou acordos colectivos de empresa a que se refire este apartado, as direccións provinciais citadas remitirán a Dirección Xeral do INSS ou do ISM unha relación nominativa das empresas nas que se subscribisen os devanditos convenios ou acordos, así como a información relativa aos expedientes de regulación de emprego e as decisións adoptadas en procedementos concursais.

  • Mediante Resolución da Dirección Xeral do INSS ou do ISM elaborarase unha relación de empresas afectadas por expedientes de regulación de emprego, convenios colectivos de calquera ámbito ou acordos colectivos de empresa, ou decisións adoptadas en procedementos concursais, nos que resulten de aplicación as previsións da disposición final 12.2.

  • Se os suxeitos obrigados omitisen efectuar as comunicacións e presentar a documentación relativa aos convenios colectivos, expedientes de regulación de emprego ou das decisións adoptadas en procedementos concursais no prazo sinalado, e a Administración da Seguridade Social tivese coñecemento por outra vía da concorrencia dos requisitos previstos na disposición final 12.2, procederá a aplicar ao solicitante da pensión de xubilación, cando esta se cause, a lexislación anterior ao 01-01-2013. Pola contra, no caso de acordos colectivos de empresa, será preceptiva a súa comunicación ao INSS ou ao ISM, se é o caso, no prazo sinalado.

Complementary Content
${loading}