Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Feito causante / Efectos económicos / Outros efectos

Outros efectos

 Topo  O xubilado parcial terá a condición de pensionista a efectos do recoñecemento e percepción de prestacións sanitarias, tanto médicas como farmacéuticas, así como das prestacións de servizos sociais.

 Topo  Se o traballador, durante a situación de xubilación parcial, falecese ou se lle declarase unha incapacidade permanente nos graos de absoluta, grande invalidez ou total para a profesión que tivese o traballador na empresa na que presta o traballo a tempo parcial, para o cálculo da base reguladora das prestacións se terán en conta:

  • As bases de cotización correspondentes "ao período de traballo a tempo parcial" na empresa onde reduciu a súa xornada e salario, incrementadas ata o 100% da contía que correspondería de ter realizado na empresa, neste período, a mesma porcentaxe de xornada desenvolvida antes de pasar á situación de xubilación parcial, e sempre que a mesma se simultanease cun contrato de remuda.
  • O anterior será de aplicación tamén polos períodos nos que a xubilación parcial se simultanease coa prestación de desemprego, compatible coa xubilación parcial, ou con outras prestacións substitutivas das retribucións correspondentes ao traballo a tempo parcial, durante os períodos nos que, ademais, a xubilación parcial se simultanease coa existencia dun contrato de remuda, agás no caso de que o cesamento no traballo se debese a despido disciplinario procedente, en cuxo caso o beneficio da elevación ao 100% das correspondentes bases de cotización unicamente alcanzará ao período anterior ao cesamento no traballo.
  • Nos supostos nos que non sexa de aplicación o beneficio do incremento do 100% das bases de cotización correspondentes ao traballo a tempo parcial, por non simultanearse a percepción da xubilación parcial cun contrato de remuda, para determinar a base reguladora, o interesado pode optar entre computar as bases de cotización realmente ingresadas, durante a situación da xubilación parcial ou que aquela magnitude se calcule na data en que se recoñeceu a xubilación parcial ou, no seu caso, na data en que deixou de aplicarse o beneficio do incremento do 100% destas bases de cotización, aínda que aplicando as demais regras que estivesen vixentes no momento de causar a correspondente pensión.

    Cando, conforme ao previsto no parágrafo anterior, a base reguladora se determine nunha data anterior á do feito causante, aplicaranse as revalorizacións que se tivesen practicado dende a data de cálculo da base reguladora ata o feito causante da mesma.

 Topo  O traballador acollido á xubilación parcial poderá solicitar a pensión de xubilación ordinaria ou anticipada en calquera das modalidades legalmente previstas e de acordo coas normas do Réxime de Seguridade Social de que se trate.

  • Para determinar a porcentaxe aplicable á base reguladora, tomarase, como período cotizado a tempo completo, o período cotizado que medie entre a xubilación parcial e a xubilación ordinaria ou anticipada, sempre que, nese período, se simultanease a xubilación parcial cun contrato de remuda.
  • Para a determinación da base reguladora da pensión de xubilación ordinaria ou anticipada, teranse en conta:
    • As bases de cotización correspondentes ao período de traballo a tempo parcial na empresa onde reduciu a súa xornada e salario, incrementadas ata o 100% da contía que correspondería de ter realizado na empresa, neste período, a mesma porcentaxe de xornada desenvolvida antes de pasar á situación de xubilación parcial, e sempre que a mesma se simultanease cun contrato de remuda.
    • O establecido no punto anterior será de aplicación tamén polos períodos nos que a xubilación parcial se simultanease coa prestación de desemprego, compatible coa xubilación parcial, ou con outras prestacións substitutivas das retribucións correspondentes ao traballo a tempo parcial, durante os períodos nos que, ademais, a xubilación parcial se simultanease coa existencia dun contrato de remuda, agás no caso de que o cesamento no traballo se debese a despido disciplinario procedente, en cuxo caso o beneficio da elevación ao 100% das correspondentes bases de cotización unicamente alcanzará ao período anterior ao cesamento no traballo.
    • Nos supostos nos que non sexa de aplicación o beneficio do incremento do 100% ás bases de cotización correspondentes ao traballo a tempo parcial, por non simultanearse a percepción da xubilación parcial cun contrato de remuda, o interesado pode optar entre a determinación da base reguladora computando as bases de cotización realmente ingresadas, durante a situación da xubilación parcial, ou que aquela magnitude se calcule na data en que se recoñeceu a xubilación parcial ou, no seu caso, na data en que deixou de aplicarse o beneficio do incremento do 100% destas bases de cotización, aínda que aplicando as demais regras que estivesen vixentes no momento de causar a correspondente pensión.

      Cando a base reguladora se determine nunha data anterior á do feito causante, á contía da pensión resultante aplicaránselle as revalorizacións que se practicasen dende esta data ata a do feito causante.
Complementary Content
${loading}