Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Beneficiarios / Contratos

A partir do 01-04-2013, modifícanse os requisitos de acceso a esta modalidade de xubilación. Non obstante, aplicarase a lexislación anterior aos que resulten afectados pola  disposición transitoria cuarta, apartado 5, da Lei Xeral da Seguridade Social.


Beneficiarios / requisitos

Os traballadores por conta allea, integrados en calquera Réxime da Seguridade Social, así como os socios traballadores ou de traballo das cooperativas nos termos do artigo 215 da LGSS, que teñan 60 anos cumpridos e reúnan as demais condicións esixidas para ter dereito á pensión de xubilación contributiva da Seguridade Social, poderán acceder á xubilación parcial nos seguintes termos:

Xubilación parcial sen contrato de remuda:

  • Idade mínima: a idade ordinaria de xubilación que en cada caso resulte de aplicación (anos reais, sen aplicación de coeficientes redutores da idade de xubilación).
  • Poden estar contratados a xornada completa ou parcial.
  • Redución da  xornada traballo: estará comprendida entre un mínimo dun 25 % e un máximo do 50 %. A redución de xornada pode chegar ata o 75 %, para os supostos no que o traballador remudador sexa contratado a xornada completa mediante un contrato de duración indefinido (art.º 215.2.c LGSS 2015).

  • Período mínimo de cotización: 15 anos, dos cales 2 deberán estar incluídos dentro dos 15 anos anteriores ao feito causante.
  • Antigüidade na empresa: non se esixe.
  • Contrato de remuda: non se esixe.
     

Xubilación parcial con contrato de remuda:

Sempre que  con carácter simultáneo se asine un contrato de remuda nos termos previstos no artigo 12.7 do Estatuto dos Traballadores (ET), os traballadores a tempo completo poderán acceder á xubilación parcial cando reúnan os seguintes requisitos:

  • Deberán estar contratados a xornada completa. Asimílanse os contratados a tempo parcial cuxas xornadas, en conxunto, equivallan en días teóricos aos dun traballador a tempo completo comparable, sempre que se reúnan nos distintos empregos os requisitos de antigüidade, redución de xornada e contratación do remudador.
  • Que se asine simultaneamente un contrato de remuda.
  • Idade mínima (sen aplicación das reducións de idade de xubilación):
     
    • Se teñen a condición de "mutualistas", 60 anos de idade real.
    • Se non teñen a condición de mutualistas, a esixencia deste requisito de idade aplicarase de forma gradual, dende o ano 2013 ao 2027, en función dos períodos cotizados:


      Ano do feito causante Idade esixida segundo períodos cotizados no momento do feito causante Idade esixida con 33 anos cotizados no momento do feito causante
      2013 61 e 1 mes 33 anos e 3 meses ou máis 61 e 2 mes
      2014 61 e 2 meses 33 anos e 6 meses ou máis 61 e 4 meses
      2015 61 e 3 meses 33 anos e 9 meses ou máis 61 e 6 meses
      2016 61 e 4 meses 34 anos ou máis 61 e 8 meses
      2017 61 e 5 meses 34 anos e 3 meses ou máis 61 e 10 meses
      2018 61 e 6 meses 34 anos e 6 meses ou máis 62 anos
      2019 61 e 8 meses 34 anos e 9 meses ou máis 62 e 4 meses
      2020 61 e 10 meses 35 anos ou máis 62 e 8 meses
      2021 62 anos 35 anos e 3 meses ou máis 63 anos
      2022 62 e 2 meses 35 anos e 6 meses ou máis 63 e 4 meses
      2023 62 e 4 meses 35 anos e 9 meses ou máis 63 e 8 meses
      2024 62 e 6 meses 36 anos ou máis 64 anos
      2025 62 e 8 meses 36 anos e 3 meses ou máis 64 e 4 meses
      2026 62 e 10 meses 36 anos e 3 meses ou máis 64 e 8 meses
      2027 e seguintes 63 anos 36 anos e 6 meses 65 anos

    • Se non teñen a condición de mutualista e están afectados pola disposición transitoria cuarta, apartado 5, da LGSS, 61 anos de idade real.
  • Redución de xornada:

    • Estará comprendida entre un mínimo do 25 % e un máximo do 50 %, ou do 75 % se o contrato de remuda é a xornada completa e por tempo indefinido, sempre que se acrediten o resto de requisitos. As devanditas porcentaxes entenderanse referidas á xornada dun traballador a tempo completo comparable.
    • Nos casos nos que resulte de aplicación a disposición transitoria cuarta, apartado 5, a redución de xornada estará comprendida entre un mínimo do 25 % e un máximo do 75 %, ou do 85 %  se o contrato de remuda é a xornada completa e por tempo indefinido.
  • Período mínimo de cotización:
    • 33 anos de cotizacións efectivas, sen que poida terse en conta a parte proporcional de pagas extras. Para estes exclusivos efectos, só se computará o período de prestación do servizo militar obrigatorio ou da prestación social substitutoria, co límite máximo de 1 ano.
       
    • 30 anos de cotizacións efectivas, sen que se poida ter en conta a parte proporcional de pagas extras, nin o período de prestación do servizo militar obrigatorio ou da prestación social substitutoria, para os que resulte de aplicación a disposición transitoria cuarta, apartado 5.
    • 25 anos, no suposto de persoas con discapacidade en grao igual ou superior ao 33 %, a partir do 01-01-2013.
  • Antigüidade na empresa: polo menos, 6 anos inmediatamente anteriores á data da xubilación parcial. Para tal efecto, computarase a antigüidade acreditada na empresa anterior se mediou unha sucesión de empresa nos termos previstos no artigo 44 do ET, ou en empresas pertencentes ao mesmo grupo.
  • Cotización durante a xubilación parcial:

A partir de 01-04-2013 e só nos casos nos que non resulte de aplicación a disposición transitoria cuarta, apartado 5, durante o período de desfrute da xubilación parcial, empresa e traballador cotizarán pola base de cotización que, no seu caso, tivese correspondido de seguir traballando este a xornada completa.

A base de cotización durante a xubilación parcial aplicarase de forma gradual consonte ás porcentaxes calculadas sobre a base de cotización a xornada completa de acordo coa seguinte escala:

    • Durante o ano 2013, a base de cotización será equivalente ao 50 por 100 da base de cotización que tivese correspondido a xornada completa. 
    • Por cada ano transcorrido a partir do ano 2014 incrementarase un 5 por 100 máis ata alcanzar o 100 por 100 da base de cotización que lle tivese correspondido a xornada completa.
    • En ningún caso a porcentaxe de base de cotización fixada para cada exercicio na escala anterior poderá resultar inferior á porcentaxe de actividade laboral efectivamente realizada.

 

Ano Porcentaxe de base de cotización
  2013   50
2014 55
2015 60
2016 65
2017 70
2018 75
2019 80
2020 85
2021 90
2022 95

 

 

Contratos de remuda e a tempo parcial

Peculiaridades do contrato a tempo parcial do traballador que se xubila:

  • Formalizarase por escrito e no modelo oficial.
  • Deberán figurar neste os elementos propios do contrato a tempo parcial, así como a xornada que o traballador realizaba antes e a que resulte como consecuencia da redución da súa xornada de traballo.
  • A celebración do contrato non supoñerá a perda dos dereitos adquiridos e da antigüidade que correspondan ao traballador.

Peculiaridades do contrato de relevo:

  • Asinarase cun traballador en situación de desemprego ou que tivese concertado coa empresa un contrato de duración determinada.
  • Formalizarase por escrito no modelo oficial e nel deberá constar necesariamente o nome, idade e circunstancias profesionais do traballador substituído, así como as características do posto de traballo que vaia desempeñar o relevista.
  • O posto de traballo do traballador relevista poderá ser o mesmo do traballador substituído. En todo caso, deberá existir unha correspondencia entre as bases de cotización relevista e do xubilado parcial, de modo que a correspondente ao traballador relevista non poderá ser inferior ao 65% da media das bases de cotización correspondentes aos 6 últimos meses do período de base reguladora da pensión de xubilación parcial.

    Para os que resulte de aplicación a disposición transitoria cuarta, apartado 5, da LGSS, o posto de traballo do traballador remudista poderá ser o mesmo do traballador substituído ou un similar, entendendo por tal o desempeño de tarefas correspondentes ao mesmo grupo profesional ou categoría equivalente.

    Nos supostos en que debido aos requirimentos específicos do traballo realizado polo xubilado parcial, o posto de traballo deste non poida ser o mesmo ou un similar ao que vaia desenvolver o traballador remudista, deberá existir unha correspondencia entre as bases de cotización de ambos os dous, de modo que a correspondente ao traballador remudista non podería ser inferior ao 65 % da base pola que viña cotizando o traballador que acceda á xubilación parcial.
  • Terá unha duración indefinida ou, como mínimo, igual ao tempo que falte ao traballador substituído para alcanzar a idade de xubilación ordinaria esixida en cada caso. Se ao facer a devandita idade, o traballador xubilado parcialmente continuase na empresa, o contrato de relevo que se tivese celebrado por duración determinada poderá prorrogarse mediante acordo das partes por períodos anuais, extinguíndose, en todo caso, ao finalizar o período correspondente ao ano no que se produza a xubilación total do traballador relevado.

    A partir do 01-04-2013 e só nos casos nos que non resulte de aplicación a disposición transitoria cuarta, apartado 5, da LGSS, cando se reduza a xornada ata un 75 % e polo tanto, o contrato de remuda sexa de carácter indefinido e a tempo completo, este deberá alcanzar polo menos unha duración igual ao resultado de sumar 2 anos ao tempo que lle falte ao traballador substituído para alcanzar a idade ordinaria de xubilación.

    No caso do traballador xubilado parcialmente despois de alcanzar a idade de xubilación en cada caso esixida, a duración do contrato de remuda que poderá celebrar a empresa para substituír a parte de xornada deixada vacante por este poderá ser indefinida ou anual. Neste segundo caso,  o contrato prorrogarase automaticamente por períodos anuais, extinguíndose en todo caso ao finalizar o período correspondente ao ano en que se produza a xubilación total do traballador relevado.
  • Poderá celebrarse a xornada completa ou a tempo parcial. En todo caso, a duración da xornada deberá ser como mínimo, igual á redución de xornada acordada polo traballador substituído. O horario de traballo do traballador relevista poderá completar o do traballador substituído ou simultanearse con el.
Complementary Content
${loading}