Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Contía

A contía da pensión obtense aplicando á base reguladora a porcentaxe que resulte, en función dos anos cotizados, segundo a escala establecida ao efecto.

Porcentaxe / coeficientes redutores

A porcentaxe da base reguladora que corresponda, de acordo cos anos de cotización, verase diminuída pola aplicación dos seguintes coeficientes redutores:

  • Cando o traballador acceda á pensión dende un cesamento voluntario no traballo, a contía da pensión reducirase nun 8% por cada ano ou fracción de ano que, no momento do feito causante, lle falte para facer a idade de 65 anos, segundo a seguinte escala:

- Aos 60 anos de idade: 0,60.
- Aos 61 anos de idade: 0,68.
- Aos 62 anos de idade: 0,76.
- Aos 63 anos de idade: 0,84.
- Aos 64 anos de idade: 0,92.

  • Cando o traballador acredite máis de 30 anos completos de cotización e acceda á pensión dende un cesamento no traballo, por causa non imputable ao traballador (cesamento involuntario), as porcentaxes de redución da contía da pensión serán, en función dos anos completos cotizados, as seguintes:

    - Entre 30 e 34 anos de cotización acreditados: 7,5 %. 
    - Entre 35 e 37 anos de cotización acreditados: 7,0 %.
    - Entre 38 e 39 anos de cotización acreditados: 6,5 %.
    - Con 40 ou máis anos de cotización acreditados: 6,0 %.

    Para tales efectos, entenderase por libre vontade do traballador a inequívoca manifestación de vontade de quen, podendo continuar a súa relación laboral e non existindo razón obxectiva que a impida, decide poñer fin a esta. Considerarase en todo caso que o cesamento na relación laboral se produciu de forma involuntaria, cando a extinción se produza por algunha das causas previstas no art. 208.1.1 da Lei Xeral da Seguridade Social (LXSS).

    Tamén serán de aplicación estas porcentaxes, sempre que a relación laboral se extinguise por algunha das causas antes indicadas:

    • Aos beneficiarios da prestación de desemprego, cando esta se extinga por esgotamento do prazo de duración da prestación ou por pasar a ser pensionista de xubilación, de conformidade co sinalado nas letras a) e f), apartado 1, do artigo 213 da LXSS.
    • Aos beneficiarios do subsidio por desemprego, de nivel asistencial, maiores de 52/55 anos.

    • Aos traballadores maiores de 55 anos que non reúnan os requisitos para acceder ao subsidio por desemprego de maiores da devandita idade, unha vez esgotada a prestación por desemprego, e continúen inscritos como demandantes de emprego nas oficinas do servizo público de emprego.

    Para o cómputo dos 30 ou máis anos de cotización que deben acreditarse nos distintos supostos citados, aplicaranse as normas establecidas para a determinación da contía da pensión de xubilación ordinaria. 

Mellora das pensións de xubilación anticipada causadas con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2002. Así, os traballadores que, con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2002, tivesen causado dereito a pensión de xubilación anticipada con condición de mutualista, xa sexa no Réxime Xeral ou nos Réximes Especiais, cando a idade que en cada caso se tivese en conta para a aplicación dos correspondentes coeficientes redutores estivese comprendida entre os sesenta e os sesenta e catro anos, ambos os dous inclusive, terán dereito a unha mellora da súa pensión, con efectos dende o 1 de xaneiro de 2007, sempre que da documentación obrante na Administración da Seguridade Social se deduza que reúnen os seguintes requisitos:

  • Que se acredita polo menos trinta e cinco anos de cotización.
  • Que a extinción do contrato de traballo do que tivese derivado o acceso á xubilación anticipada se tivese producido por causa non imputable á libre vontade do traballador, comprendida entre os supostos recollidos no artigo 208.1.1 da LXSS.

A mellora da pensión consistirá nun incremento do seu importe íntegro mensual, variable segundo a idade do traballador tida en conta para a determinación do coeficiente redutor da porcentaxe aplicable á base reguladora da pensión, conforme os seguintes tramos:

  • Sesenta anos, 63 € mensuais
  • Sesenta e un anos, 54 € mensuais
  • Sesenta e dous anos, 45 € mensuais
  • Sesenta e tres anos, 36 € mensuais
  • Sesenta e catro anos, 18 € mensuais

O importe correspondente, que se aboará en catorce pagas, recoñecerase como variación da contía da pensión de xubilación e integrarase nesta para todos os efectos, incluída a aplicación do límite máximo e sen prexuízo se é o caso, da absorción do complemento por mínimos que se viñese percibindo. Cando se trate de pensións recoñecidas ao abeiro de normas internacionais, para fixar o importe do incremento mensual aplicaranse as regras das devanditas normas sobre determinación e cálculo da contía das pensións.


A  Entidade xestora recoñecerá de oficio ou a instancia de parte o dereito a esta mellora no prazo de tres meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da Lei de Medidas en materia de Seguridade Social no BOE, isto é o 6 de decembro de 2007, de acordo coa información contida na base de datos de prestacións da Seguridade Social e no ficheiro xeral de afiliación, que acreditarán, respectivamente, os anos de cotización feitos e o carácter involuntario do cesamento no traballo.

 
Complementary Content
${loading}