Este contido encóntrase en revisión dende a entrada en vigor o 17-03-2013 do |R.D.L. 5/2013, do 15 de marzo, de medidas para favorecer a continuidade da vida laboral dos traballadores de maior idade e promover o envellecemento activo.
Os documentos que se indican a continuación débense presentar en orixinal e acompañados de copia para a súa compulsa ou en fotocopia xa compulsada, agás para os documentos de identidade nos que será suficiente a exhibición do orixinal.
EN TODOS OS CASOS:
- Acreditación da identidade do solicitante, representante legal e demais persoas que figuran na solicitude, mediante a seguinte documentación en vigor:
- Españois: Documento Nacional de Identidade (DNI).
- Estranxeiros residentes ou non-residentes en España: pasaporte ou, se é o caso, documento de identidade vixente no seu país e NIE (Número de Identificación de Estranxeiro) esixido pola AEAT para os efectos de pagamento.
- Documentación acreditativa da representación legal, se é o caso. Se é titor institucional, CIF/NIF, documento no que conste o nomeamento de tutela da Institución e certificación acreditativa da representación da Institución.
EN TODOS OS TIPOS DE XUBILACIÓN:
- Xustificante de pagamento de cotizacións dos últimos 3 meses se é vostede o obrigado a ingresalas e o cesamento no traballo se producíu nese mesmo período.
EN XUBILACIÓN ESPECIAL AOS 64 ANOS:
- Certificado de empresa sobre os datos do traballador substituto.
EN XUBILACIÓN PARCIAL:
- Certificado de empresa sobre datos laborais do xubilado parcial e do traballador remudista.
EN XUBILACIÓN ANTICIPADA:
- Con bonificación de idade e por enfermidade especial:
- Se traballou nalgunha actividade que teña recoñecida bonificación de idade: certificado da empresa ou empresas onde consten a categoría profesional e os períodos traballados nese posto, ou cartilla de embarque e desembarque para o ISM.
- Certificado de discapacidade e grao recoñecido expedido polo IMSERSO ou organismo competente ou auto xudicial, con indicación, se é o caso, de que é consecuencia dunha das enfermidades listadas no RD 1851/2009, así como data de inicio da discapacidade e data da cualificación.
- Acreditación da necesidade de axuda de terceiras persoas ou por mobilidade reducida, expedida polo IMSERSO ou organismo competente.
- Por cesamento forzoso ou outra causa:
- Documento que acredite que o seu contrato de traballo se extinguíu por causas alleas á súa vontade, se vai xubilarse con máis de 60 anos e menos de 65 (só se non está cobrando o desemprego).
- Certificado da empresa, se anticipa a idade de xubilación e recibiu indemnización en virtude de acordo colectivo.
PARA INCLUÍR EN ASISTENCIA SANITARIA E ACREDITAR OUTRAS CIRCUNSTANCIAS:
- Beneficiarios de asistencia sanitaria:
- Libro de Familia ou actas do Rexistro Civil que acrediten o parentesco co solicitante.
- Certificado do Concello que acredite a convivencia co solicitante (non se esixe para o cónxuxe e os fillos), cando o funcionario o considere necesario.
- Auto xudicial ou certificado de acollemento familiar, expedido pola Comunidade Autónoma.
- Resolución xudicial de separación ou divorcio onde conste a custodia dos fillos menores e, se é o caso, a contía da pensión compensatoria ao cónxuxe ou ex-cónxuxe e a de alimentos a fillos.
- Acreditación de residencia habitual en España de estranxeiros, mediante certificado do empadroamento do Concello ou tarxeta de residencia, cando o funcionario o considere necesario.
- Outras circunstancias:
- Acreditación de ter cumprido o servizo militar obrigatorio ou a prestación social substitutiva, se o alega.
- Se tivo algún aborto de máis de 6 meses ou fillos falecidos antes das 24 horas de vida, certificado do Rexistro Civil onde conste a súa existencia, se o alega.
Esta documentación pode presentarse en calquera dos Centros de Atención e Información da Seguridade Social.