Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Incompatibilidades / Extinción

Incompatibilidades / Compatibilidades

Incompatibilidades:

A percepción da pensión de xubilación é incompatible con:

  • A realización de calquera traballo do pensionista, por conta allea ou propia, que dea lugar á súa inclusión no Réxime Xeral ou nalgún dos Réximes Especiais, coas salvidades e nos termos que legal ou regulamentariamente se determinen.
  • O desempeño dun posto de traballo no sector público delimitado no parágrafo segundo da alínea 1 do art. 1 da Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas (excepcións: profesores universitarios eméritos e persoal licenciado sanitario).
  • O desempeño dos altos cargos.

A realización de traballos incompatibles coa percepción da pensión produce os seguintes efectos:

  • A pensión de xubilación suspéndese, así como a asistencia sanitaria inherente á condición de pensionista.
  • O empresario está obrigado a solicitar a alta e ingresar as cotizacións que, se é o caso, correspondan.
  • As novas cotizacións serven para:
    • Incrementar, se é o caso, a porcentaxe ordinaria da pensión.
    • Devindicar o complemento que corresponda por prolongación da vida activa laboral máis alá da idade ordinaria de xubilación, establecida no art. 210 da LGSS.
    • Diminuír o coeficiente redutor aplicado, no caso de ter anticipado a idade de xubilación.
    • En ningún caso, as novas cotizacións poden modificar a base reguladora.

Compatibilidades:

Non obstante o indicado no apartado anterior, poderá compatibilizarse a percepción da pensión de xubilación coa realización dos seguintes traballos:

  • As persoas que "accedan" á xubilación poderán compatibilizar a percepción da pensión cun traballo a tempo parcial nos termos establecidos. Durante a devandita situación, denominada xubilación parcial, minorarase a percepción da pensión en proporción inversa á redución aplicable á xornada de traballo do pensionista en relación á dun traballador a tempo completo comparable.
  • Os pensionistas de xubilación poderán compatibilizar a percepción da pensión "causada" cun traballo a tempo parcial nos termos establecidos. Durante a devandita situación, denominada xubilación flexible, minorarase a pensión en proporción inversa á redución aplicable á xornada de traballo do pensionista, en relación á dun traballador a tempo completo comparable.
  • O percibo da pensión de xubilación é compatible coa realización de traballos por conta propia, cuxos ingresos anuais totais non superen o SMI, en cómputo anual. Os que realicen estas actividades económicas non están obrigados a cotizar polas prestacións da Seguridade Social e non xerarán dereitos sobre as prestacións da Seguridade Social.
  • O exercicio da actividade desenvolvida por conta propia polos profesionais colexiados en alta nunha mutualidade alternativa ou exentos de causar alta no RETA.
  • O mantemento da titularidade do negocio e o exercicio das funcións inherentes á devandita titularidade.
  • Xubilación Activa. Pensión de xubilación e envellecemento activo, artigo 214 da LGSS:
    O gozo da pensión de xubilación, na súa modalidade contributiva, será compatible coa realización de calquera traballo por conta allea ou por conta propia do pensionista, nos seguintes termos:
    • O acceso á pensión debería ter sido, polo, menos un ano despois de ter chegado á idade que en cada caso resulte de aplicación, sen que para tales efectos sexan admisibles xubilacións acollidas a bonificacións ou anticipacións da idade de xubilación que puidesen ser de aplicación ao interesado.
    • A porcentaxe aplicable á respectiva base reguladora para os efectos de determinar a contía da pensión causada ha de alcanzar o 100%.
    • O traballo compatible poderá realizarse por conta allea a tempo completo ou a tempo parcial ou por conta propia.
    • A contía da pensión de xubilación compatible co traballo será equivalente ao 50% do importe resultante no recoñecemento inicial, unha vez aplicado, se procede, o límite máximo de pensión pública, ou do que se estea a percibir, no momento de inicio da compatibilidade co traballo, excluído, en todo caso, o complemento por mínimos, calquera que sexa a xornada laboral ou a actividade que realice o pensionista.
      Non obstante, se a actividade se realiza por conta propia e se acredita ter contratado, polo menos, a un traballador por conta allea, a contía da pensión compatible co traballo acadará o 100%. A disposición final sexta bis da LGSS tamén prevé a posibilidade de que se amplíe a futuro esta compatibilidade do 100% aos traballadores por conta allea e ao resto de traballadores por conta propia.
    • A pensión revalorizarase na súa integridade nos termos establecidos para as pensións do sistema da Seguridade Social. Non obstante, en tanto se manteña o traballo compatible, o importe da pensión máis as revalorizacións acumuladas reducirase nun 50%, agás no suposto de realización de traballos por conta propia nos termos sinalados no parágrafo anterior.
    • O pensionista non terá dereito aos complementos para pensións inferiores á mínima durante o tempo no que compatibilice a pensión co traballo.
    • O beneficiario terá a consideración de pensionista para todos os efectos.
    • Finalizada a relación laboral por conta allea, restablecerase o percibo íntegro da pensión de xubilación. Igual restablecemento producirase no caso de cesamento na actividade por conta propia cando non se desen as circunstancias que permitan compatibilizar o 100% da pensión de xubilación co traballo.
    • Este réxime de compatibilidade non resulta aplicable nos supostos de desempeño dun posto de traballo ou alto cargo no sector público, que será incompatible coa percepción da pensión de xubilación.
    • Este réxime resulta incompatible coa percepción do complemento por prolongación da vida activa laboral máis alá da idade ordinaria de xubilación, establecido no art. 210 da LGSS.
    Cotización:

    Durante a realización do traballo por conta allea ou por conta propia, compatible coa pensión de xubilación, os empresarios e os traballadores cotizarán á Seguridade Social unicamente por incapacidade temporal e por continxencias profesionais, segundo a normativa reguladora do réxime do sistema da Seguridade Social correspondente, aínda que quedarán suxeitos a unha cotización especial de solidariedade do 9% sobre a base de cotización por continxencias comúns, non computable para as prestacións, que nos réximes de traballadores por conta allea se distribuirá entre empresario e traballador, correndo a cargo do empresario o 7% e do traballador o 2%.

  •  Compatibilidade da pensión de xubilación coa actividade artística. (entrada en vigor o 1 de abril de 2023)  

O Real Decreto-Lei 1/2023, do 10 de xaneiro, introduce no texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social o novo artigo 249 quarter que amplía o réxime de compatibilidade da pensión de xubilación coa actividade artística que prevía ata o momento o RD 302/2019, do 28 de abril, ampliando os supostos de compatibilidade da percepción do importe íntegro da pensión de xubilación con toda actividade artística, tanto por conta propia coma por conta allea.

Así, determínase que o percibo do 100% do importe da pensión de xubilación contributiva será compatible con:

    1. Co traballo por conta allea e por conta propia das persoas que desenvolvan unha actividade artística.

      Para estes efectos, enténdese por actividade artística, a realizada polas persoas que desenvolven actividades artísticas, sexan dramáticas, de dobraxe, coreográfica, de variedades, musicais, canto, baile, de figuración, de especialistas, de dirección artística, de cine, de orquestra, de adaptación musical, de escena, de realización, de coreografía, de obra audiovisual, artista de circo, artista de marionetas, maxia, guionistas, e, en todo caso, a desenvolvida por calquera persoa cuxa actividade sexa recoñecida como artista intérprete ou executante do título I do libro segundo do texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/1996, de 12 de abril, ou como artista, artista intérprete ou executante polos convenios colectivos que sexan de aplicación nas artes escénicas, a actividade audiovisual e a musical, conforme ao artigo 1. 2, alínea 2.ª do RD 1435/1985, do 1 de agosto.

    2. Co traballo por conta allea e a actividade por conta propia desempeñada por autores de obras literarias, artísticas ou científicas, tal como se definen no capítulo I do título II do libro primeiro da Lei de Propiedade Intelectual, percíbanse ou non dereitos de propiedade intelectual pola devandita actividade, incluídos os xerados pola súa transmisión a terceiros e con independencia de que pola mesma actividade perciban outras remuneracións conexas.
  • O importe da pensión de xubilación contributiva compatible coa actividade artística inclúe o complemento para pensións inferiores á mínima e o complemento por maternidade ou redución da fenda de xénero, segundo proceda.
  • O beneficiario da situación de compatibilidade terá a consideración de pensionista para todos os efectos.
  • Non poderá acollerse a esta modalidade de compatibilidade o beneficiario dunha pensión contributiva de xubilación da Seguridade Social que, ademais de desenvolver a actividade artística, realice calquera outro traballo por conta allea ou por conta propia diferente á indicada actividade que dea lugar á súa inclusión no campo de aplicación do Réxime Xeral ou dalgún dos réximes especiais da Seguridade Social.
  • De igual forma, exclúese do ámbito deste artigo calquera modalidade de xubilación anticipada ou xubilación parcial.
  • Durante a realización dun traballo por conta allea os empresarios estarán obrigados a solicitar a alta e cotizar no Réxime Xeral da Seguridade Social unicamente por continxencias profesionais, se ben quedarán suxeitos a unha cotización especial de solidariedade do 9% sobre a base de cotización por continxencias comúns, non computable para os efectos de prestacións, que se distribuirá entre empresario e traballador, quedando a cargo do empresario o 7% e do traballador o 2%.
  • Durante a realización dun traballo por conta propia compatible coa pensión de xubilación, as persoas estarán obrigadas a solicitar a alta e cotizar neste réxime especial unicamente por continxencias profesionais e quedarán suxeitas a unha cotización especial de solidariedade do 9% sobre a súa base de cotización por continxencias comúns, non computable para os efectos de prestacións.

Non obstante, como alternativa a este réxime de compatibilidade, o beneficiario dunha pensión contributiva de xubilación da Seguridade Social en que concorran as circunstancias anteriores poderá optar pola aplicación do réxime xurídico previsto para calquera outras modalidades de compatibilidade entre pensión e traballo, establecidas legal ou regulamentariamente, cando reúna os requisitos para iso.

De igual forma, tamén poderá optar o pensionista pola suspensión do percibo da súa pensión, neste caso, a alta e a cotización á Seguridade Social realizarase conforme ás normas que rexan no réxime de Seguridade Social que corresponda en función da súa actividade.

Extinción

Por falecemento do pensionista.

Complementary Content
${loading}