Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Contía

A contía da pensión determínase aplicando á base reguladora a porcentaxe xeral que corresponda en función dos anos cotizados e, se é o caso, a porcentaxe adicional por prolongación da vida laboral, cando se acceda á xubilación cunha idade superior á ordinaria vixente en cada momento e o coeficiente redutor que corresponda.

Base reguladora

A partir do ano 2022, a base reguladora da pensión de xubilación contributiva será o cociente que resulta de dividir por 350 as bases de cotización do interesado durante os 300 meses inmediatamente anteriores ao do mes previo ao do feito causante.

Se se accede á pensión dende unha situación de alta ou asimilada sen obriga de cotizar, o período de determinación da base reguladora (BR) non pode retrotraerse ao momento en que cesou a obriga de cotizar.

Para aquelas persoas as que lles sexa aplicable a lexislación anterior ao 01-01-2013, en aplicación da disposición transitoria cuarta da LGSS, a base reguladora será o cociente que resulte de dividir por 210 as bases de cotización do interesado durante os 180 meses inmediatamente anteriores ao do mes previo ao do feito causante.

Actualización de bases de cotización:

As bases de cotización dos 24 meses inmediatamente anteriores ao mes previo ao do feito causante tómanse polo seu valor nominal.

As restantes bases de cotización actualizaranse de acordo coa evolución do Índice de Prezos ao Consumo (IPC) dende o mes a que aquelas correspondan ata o mes inmediato anterior a aquel en que se inicie o período a que se refire o parágrafo anterior.

Integración de lagoas:

Se no período que haxa de tomarse para o cálculo da BR aparecesen meses durante os cales non existise obriga de cotizar, as  primeiras  48  mensualidades  integraranse coa base mínima de entre todas as existentes en cada momento, e o resto de mensualidades co 50% da devandita base mínima.

Para aquelas persoas ás que lles sexa aplicable a lexislación anterior ao 01-01-2013, en aplicación da disposición transitoria cuarta da LGSS, as lagoas de cotización integraranse, para os exclusivos efectos do devandito cálculo, coa base mínima de cotización vixente en cada momento no Réxime Xeral para os traballadores maiores de 18 anos.

Cando nalgún dos meses, a obriga de cotizar exista só durante unha parte do mes, procederá a integración sinalada nos parágrafos anteriores pola parte do mes en que non exista obriga de cotizar, sempre que a base de cotización correspondente ao primeiro período non alcance a contía da base mínima mensual sinalada. En tal suposto, a integración alcanzará ata esta última contía.

No caso de traballadores incluídos no Sistema especial para empregados de fogar, dende o ano 2012 ata o ano 2023, para o cálculo da BR da pensión de xubilación só se terán en conta os períodos realmente cotizados (sen integración de lagoas).

No caso de traballadores incluídos no Sistema especial para traballadores por conta allea agrarios, a partir do 01-01-2012, para o cálculo da BR só se terán en conta os períodos realmente cotizados (non se aplicará integración de lagoas).

Nos supostos de contratos a tempo parcial, de remuda e fixos descontinuos deberá terse en conta que:

  • A integración dos períodos, durante os que non houbese obriga de cotizar, levarase a cabo coa base mínima de cotización de entre as aplicables en cada momento, correspondente ao número de horas contratadas na data na que se interrompeu ou extinguiu a obriga de cotizar. Se a obriga de cotizar existe só durante unha parte do mes, a integración procederá pola parte do mes na que non exista obriga de cotizar, sempre que a base de cotización correspondente non alcance a contía da base mínima citada.
  • A excepción dos períodos entre tempadas ou campañas dos traballadores con contrato de traballo fixo-descontinuo, en ningún caso se considerarán lagoas de cotización as horas ou días en que non se traballe en razón ás interrupcións na prestación de servizos derivadas do propio contrato a tempo parcial.

Incrementos das bases de cotización:

Non se poderán computar os incrementos das bases de cotización, producidos nos dous últimos anos, se son consecuencia de aumentos salariais superiores ao incremento medio interanual experimentado no convenio colectivo aplicable ou, no seu defecto, no correspondente sector.

Exceptúanse os incrementos salariais que sexan consecuencia da aplicación estrita das normas contidas en disposicións legais e convenios colectivos sobre antigüidade e ascensos regulamentarios da categoría profesional, así como aqueles incrementos salariais que deriven de calquera outro concepto retributivo tamén regulado en disposicións legais ou convenios colectivos.

Pluriemprego:

As bases polas que se cotizase ás diversas empresas computaranse na súa totalidade, sen que a suma das devanditas bases poida exceder do límite máximo de cotización vixente en cada momento.

Pluriactividade:

Cando se acrediten cotizacións a varios réximes e non se cause dereito a pensión a un deles, as bases de cotización acreditadas neste último en réxime de pluriactividade, poderán ser acumuladas ás do réxime en que se cause a pensión, exclusivamente para a determinación da BR desta, sen que suma das bases poida exceder do límite máximo de cotización vixente en cada momento.

Supostos de exoneración de cotas (*):

Polos períodos de actividade nos que non se efectuasen cotizacións por continxencias comúns (agás para o subsidio de incapacidade temporal), por ser de aplicación a exoneración prevista no artigo 152 da LGSS, respecto daqueles traballadores por conta allea e dos socios traballadores ou de traballo das cooperativas que alcanzasen a idade de acceso á pensión de xubilación, teranse en conta as seguintes regras:

  1. Tomaranse as bases polas que cotizase o interesada, agás que sexan superiores ao resultado de incrementar a media das bases de cotización do ano natural inmediatamente anterior, na porcentaxe de variación media coñecida do IPC no último ano indicado, máis dous puntos porcentuais.
  2. Se as bases de cotización declaradas fosen superiores á media das do ano anterior, incrementadas segundo o disposto na regra 1, tomarase como base de cotización esta contía.
  3. Para os efectos do cálculo da media citada na regra 1, tomaranse as bases de cotización correspondentes á actividade e empresa pola que estea exonerado de cotización e por xornada equiparable á que se estea realizando.
  4. Se non existisen bases de cotización en todas as mensualidades do ano natural anterior, tomarase a media das bases de cotización que existan, dividido polo número de meses ao que correspondan.
  5. De non existir bases de cotización pola actividade que se encontra suxeita á exoneración de cotas, tomaranse as bases de cotización que teña o interesado por traballos por conta allea realizados durante o ano anterior ao comezo desta exoneración, en xornada equiparable á que estea exenta de cotización.
  6. De non existir bases de cotización no ano anterior, tomaranse as bases de cotización do primeiro ano en que existan, calculando a media citada na regra 1 e aplicando as regras citadas nos apartados anteriores. A devandita media incrementarase na porcentaxe de variación media do ano ou anos naturais anteriores ata chegar ao ano correspondente ao do período de exoneración de cotas.

Base de cotización que hai que considerar na BR nos supostos de beneficio por coidado de fillos ou menores acollidos:

  • Cando o período computable como cotizado en concepto de beneficio por coidado de fillos ou menores acollidos estea comprendido dentro do período de cálculo para a determinación da base reguladora das prestacións, a base de cotización que hai que considerar estará constituída pola media das bases de cotización do beneficiario correspondentes aos seis meses inmediatamente anteriores ao inicio da interrupción da cotización ou, se é o caso, cando existan intermitencias na cotización, as correspondentes aos seis meses cotizados inmediatamente anteriores a cada período que se compute.
  • Se o beneficiario non tivese acreditado o citado período de seis meses de cotización, computarase a media das bases de cotización que resulten acreditadas, correspondentes ao período inmediatamente anterior á interrupción da cotización.

Porcentaxe

Porcentaxe aplicable a partir do 01-01-2013:

A porcentaxe é variable en función dos anos de cotización á Seguridade Social, aplicándose unha escala que comeza co 50% aos 15 anos, aumentando a partir do décimo sexto ano un 0,19% por cada mes adicional de cotización, entre os meses 1 e 248, e un 0,18% os que superen o mes 248, sen que a porcentaxe aplicable á base reguladora supere o 100%, agás nos casos en que se acceda á pensión cunha idade superior á que resulte de aplicación.

Á contía así determinada seralle de aplicación o factor de sustentabilidade que corresponda en cada momento. A aplicación do devandito factor de sostibilidade foi aprazada pola Lei 6/2018, do 3 de xullo, de Presupostos Xerais do Estado para o ano 2018.

En todo caso, a súa entrada en vigor producirase nunha data non posterior ao 1 de xaneiro de 2023.

Non obstante, ata o ano 2027 establécese un período transitorio e gradual, no cal as porcentaxes anteriores serán substituídas polas seguintes:

PORCENTAXE - XUBILACIÓN - ANOS COTIZADOS
PERÍODO
DE
APLICACIÓN
PRIMEIROS
15 ANOS
ANOS ADICIONAIS TOTAL
Anos % MESES
ADICIONAIS
COEFICIENTE    %     ANOS ANOS   %  
2013 a 2019 15 50 1 ao 163
83 restantes
0,21
0,19
34,23
15,77
15 50 Total 246 meses 50,00 20,5 35,5 100
2020 a 2022 15 50 1 ao 106
146 restantes
0,21
0,19
22,26
27,74
15 50 Total 252 meses 50,00 21 36 100
2023 a 2026 15 50 1 ao 49
209 restantes
0,21
0,19
10,29
39,71
15 50 Total 258 meses 50,00 21,5 36,5 100
A partir de 2027 15 50 1 ao 248
16 restantes
0,19
0,18
47,12
2,88
15 50 Total 264 meses 50,00 22 37 100


Mantemento transitorio do complemento por maternidade

As persoas que, o 4-2-2021, estivesen a percibir o complemento por maternidade por achega demográfica, manterán o seu percibo.

A percepción do complemento de maternidade será incompatible co novo complemento de pensións contributivas para a redución da fenda de xénero, podendo optar as persoas interesadas entre un ou outro.

Se o outro proxenitor dalgún dos fillos ou fillas que deu dereito ao complemento de maternidade, solicita o complemento de pensións contributivas e correspóndelle percibilo, a contía mensual que se recoñeza deducirase do complemento por maternidade, con efectos económicos dende o primeiro día do mes seguinte ao da resolución, sempre que esta se dite dentro dos seis meses seguintes á solicitude ou, no seu caso, ao recoñecemento da pensión que a cause; pasado o devandito prazo, os efectos produciranse dende o primeiro día do sétimo mes seguinte a esta.

Complemento para a redución da fenda de xénero

O complemento de pensións contributivas para a redución da fenda de xénero, substitúe o complemento por maternidade por achega demográfica por un complemento dirixido á redución da fenda de xénero, co que  se persegue reparar o dano que sufriron ao longo da súa carreira profesional as mulleres por asumir un papel principal na tarefa dos coidados dos fillos que se proxecta no ámbito das pensións.

Porcentaxe aplicable aos que se acollan á lexislación anterior ao 01-01-2013:

A porcentaxe é variable en función dos anos de cotización á Seguridade Social, aplicándose unha escala que comeza co 50% aos 15 anos, aumentando un 3% por cada ano adicional comprendido entre o décimo sexto e o vixésimo quinto e un 2% a partir do vixésimo sexto ata alcanzar o 100% aos 35 anos.

ESCALA DE PORCENTAXES POR ANOS COTIZADOS
Anos de cotización Porcentaxe da
base reguladora
Aos 15 anos 50%
Aos 16 anos 53%
Aos 17 anos 56%
Aos 18 anos 59%
Aos 19 anos 62%
Aos 20 anos 65%
Aos 21 anos 68%
Aos 22 anos 71%
Aos 23 anos 74%
Aos 24 anos 77%
Aos 25 anos 80%
Aos 26 anos 82%
Aos 27 anos 84%
Aos 28 anos 86%
Aos 29 anos 88%
Aos 30 anos 90%
Aos 31 anos 92%
Aos 32 anos 94%
Aos 33 anos 96%
Aos 34 anos 98%
Aos 35 anos 100%

Os anos de cotización que hai que ter en conta son os efectuados:

    • Ao Réxime Xeral da Seguridade Social.

    • Aos diferentes Réximes Especiais da Seguridade Social.

    • Aos antigos Réximes do Seguro de Velleze Invalidez e/ou Mutualismo Laboral.

    • Aos Réximes integrados, incluíndose os anteriores á implantación destes se foron computables para causar dereito ás prestacións neles previstas.

    • A outras Entidades de Previsión Social que actúen como substitutivas das correspondentes ao réxime ou aos réximes que estean pendentes de integración.

    • As efectuadas ao Réxime de Clases Pasivas do Estado.

    • Ás Administracións Públicas e organismos dependentes delas con anterioridade ao 1-1-59 polo persoal que non ostentaba a condición de funcionario.

    • As cotizacións  do persoal da Administración de Xustiza asimilaranse a períodos cotizados cando haxa diferenzas entre os períodos efectivamente traballados que figuren no certificado de servizos prestados e os que figuran na súa certificación de cotizacións. Estes períodos non serán obxecto de inclusión nas bases de datos da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e polo tanto asimilaranse a cotizados, por solicitude do interesado, no momento no que se cause ou se revise a correspondente pensión.

Regras para o cómputo dos anos de cotización:

Se as cotizacións son posteriores ao 1-1-67, tomaranse todos os días efectivamente cotizados e o total de días dividirase por 365 para obter o número de anos cotizados. A fracción de ano non poderá asimilarse a ano completo, dado que, unha vez superados os primeiros 15 anos de cotización, a porcentaxe aplicable á base reguladora vai aumentando por cada mes adicional cotizado.

Se existen cotizacións anteriores ao 1-1-67, o número de anos cotizados obtense dividindo por 365 o total de días cotizados (sen asimilar a fracción de ano a un ano completo) obtidos da suma das cotizacións seguintes:

  • Días cotizados no Réxime Xeral e noutros réximes a partir do 1-1-67.
  • Días cotizados ao Seguro de Vellez e Invalidez e Mutualismo Laboral entre o 1-1-60 e o 31-12-66, sempre que non se superpoñan.
  • Os días de bonificación que correspondan ao traballador, segundo a idade que se teña o 01-01-67, sempre que acrediten cotizacións ao Seguro de Vellez e Invalidez e/ou Mutualismo Laboral, de acordo coa seguinte escala:

ESCALA PARA ABOAMENTO DE ANOS E DÍAS DE COTIZACIÓN
Idade a 1-1-67 Anos Días
65 anos 30 318
64 anos 30 67
63 anos 29 182
62 anos 28 296
61 anos 28 46
60 anos 27 161
59 anos 26 275
58 anos 26 25
57 anos 25 139
56 anos 24 254
55 anos 24 4
54 anos 23 118
53 anos 22 233
52 anos 21 347
51 anos 21 97
50 anos 20 212
49 anos 19 326
48 anos 19 76
47 anos 18 191
46 anos 17 305
45 anos 17 55
44 anos 16 169
43 anos 15 284
42 anos 15 34
41 anos 14 148
40 anos 13 263
39 anos 13 12
38 anos 12 127
37 anos 11 242
36 anos 10 356
35 anos 10 106
34 anos 9 220
33 anos 8 335
32 anos 8 85
31 anos 7 199
30 anos 6 314
29 anos 6 64
28 anos 5 178
27 anos 4 293
26 anos 4 42
25 anos 3 157
24 anos 2 272
23 anos 2 21
22 anos 1 136
21 anos 0 250

Complementos para traballadores cunha idade superior á establecida legalmente

  • Cando se acceda á pensión de xubilación a unha idade superior á idade ordinaria de xubilación aplicable en cada caso, sempre que ao cumprir esta idade se reunise o período mínimo de cotización esixido, recoñecerase o interesado por cada ano completo cotizado dende que reuniu os requisitos para acceder a esta pensión, un complemento económico que se aboará dalgunha das seguintes maneiras, á súa elección:
    1. Unha porcentaxe adicional do 4 por cento por cada ano completo cotizado entre a data en que cumpriu a devandita idade e a do feito causante da pensión.

      A porcentaxe adicional obtida sumarase á que, con carácter xeral, corresponda ao interesado de acordo cos meses cotizados, aplicándose a porcentaxe resultante á base reguladora para os efectos de determinar a contía da pensión, que non poderá ser superior, en ningún caso, ao límite máximo establecido para as pensións contributivas na correspondente LPGE.

      Se a contía da pensión recoñecida alcanza o citado límite máximo sen aplicar a porcentaxe adicional ou aplicándoa só parcialmente, o interesado percibirá:

      • A pensión polo importe máximo.
      • Unha cantidade que se obterá aplicando ao importe máximo vixente en cada momento a porcentaxe adicional non utilizada para determinar a contía da pensión, redondeada á unidade máis próxima por exceso. A citada cantidade percibirase por meses vencidos e aboarase en catorce pagas. A suma do seu importe e o da pensión ou pensións que tivese recoñecidas o interesado, en cómputo anual, non pode superar a contía do tope máximo da base de cotización vixente en cada momento, tamén en cómputo anual.
    2. Unha cantidade a tanto alzado por cada ano completo cotizado entre a data en que cumpriu a devandita idade e a do feito causante da pensión, cuxa contía virá determinada en función dos anos de cotización acreditados na primeira das datas indicadas, sendo a fórmula de cálculo a seguinte:

      • Se cotizou menos de 44 anos e 6 meses:

        Formula para o pagamento único con menos de 44 anos e 6 meses cotizados
      • Se cotizou, polo menos, 44 anos e 6 meses a cifra anterior auméntase nun 10%:
        Formula para o pagamento único con polo menos 44 anos e 6 meses cotizados

        Cando a contía da pensión recoñecida supere o límite máximo aplicable na data do feito causante, para o cálculo da cantidade a tanto alzado tomarase coma pensión inicial anual ese límite máximo. 

    3. Unha combinación das solucións anteriores (opción mixta) sempre e cando acredite, polo menos, dous anos completos cotizados entre a data en que cumpriu a idade ordinaria de xubilación e a do feito causante da pensión de xubilación. Neste caso, o complemento fixarase do seguinte modo: 
      • Cando entre a data de cumprimento da idade ordinaria de xubilación aplicable e a do feito causante da pensión de xubilación se acredite un período de dous a dez anos completos cotizados, o complemento consistirá na suma de: 
        • Unha porcentaxe adicional do 4 por cento por cada ano da metade dese período, tomando o número enteiro inferior. Aplicaranse a esta porcentaxe as previsións establecidas no punto 1. 
        • Unha cantidade a tanto alzado polo resto do período considerado, determinada de acordo co indicado no punto 2. 
      • Cando entre a data de cumprimento da idade ordinaria de xubilación aplicable e a do feito causante da pensión se acredite un período de once ou máis anos completos cotizados, o complemento consistirá na suma de: 
        • Unha cantidade a tanto alzado por cinco anos dese período, determinada de acordo co indicado no punto 2. 
        • Unha porcentaxe adicional do 4 por cento por cada un dos anos restantes, ao que se aplicarán as previsións establecidas no punto 1. 

Para o cómputo do período cotizado a considerar, tomarán anos completos, sen que se equipare a un ano a fracción.

  • Calquera que sexa a modalidade elixida, para o cómputo do período cotizado a considerar, non se terán en conta os períodos de permanencia en situacións asimiladas á de alta que non leven consigo traballo efectivo.
  • A elección levarase a cabo por unha soa vez no momento da solicitude da pensión, sen que poida modificarse posteriormente. De non se exercitar, aplicarase o complemento considerado no punto 1.

  • A percepción deste complemento é incompatible co acceso ao envellecemento activo (xubilación activa), de modo que:

    • Cando se optase por percibir o complemento baixo a modalidade de porcentaxe adicional, o seu percibo quedará suspendido durante o tempo en que se aplique o réxime de compatibilidade do traballo coa pensión de xubilación previsto no artigo 214 do TRLGSS (xubilación activa).

    • Cando se optase por percibir o complemento baixo a modalidade de cantidade a tanto alzado ou baixo a fórmula mixta, non será posible aplicar o réxime de compatibilidade do traballo coa pensión de xubilación previsto no artigo 214 do TRLGSS. 

  • Este beneficio non será de aplicación nos supostos de xubilación parcial nin xubilación flexible, nin cando sexan de aplicación coeficientes redutores da idade de xubilación. Polo tanto, este beneficio só se aplicará a traballadores que, na data do feito causante, accedan á pensión de xubilación a unha idade real superior á idade ordinaria de xubilación establecida legalmente.

  • Porcentaxe adicional para os que resulte de aplicación a lexislación anterior ao 01-01-2013:

    • O 2% por cada ano completo cotizado, ou que se considere legalmente cotizado, dende a data en que se fixeron 65 anos ata a data do feito causante da pensión.
    • O 3% cando o interesado acreditase, polo menos, 40 anos de cotización ao facer 65 anos.
  • Traballadores coa condición de mutualistas o 1 de xaneiro de 1967 ou data equivalente:

    Cando accedan á pensión de xubilación cunha idade superior á establecida legalmente, a contía daquela recoñeceráselles nos termos establecidos no artigo 210 da LGSS.

Traballadores a tempo parcial

  • A base reguladora das prestacións de xubilación e incapacidade permanente calcularase conforme a regra xeral.
  • Para os efectos de determinar a contía das pensións de xubilación e de incapacidade permanente derivada de enfermidade común, cando existan traballos a tempo parcial, tomaranse en consideración a totalidade dos períodos en que o devandito traballador permanecese en alta, calquera que fose a duración da xornada.
  • A porcentaxe a aplicar sobre a respectiva base reguladora determinarase conforme á escala xeral (artigo 210  e  disposición transitoria novena da LGSS), e teranse en conta os días en que o traballador permanecese en alta, con independencia da duración da xornada.

(*) Exoneración de cotas de traballadores con 65 ou máis anos:

A partir do 01-01-2013:

Os empresarios e traballadores quedarán exentos de cotizar á Seguridade Social por continxencias comúns, agás por incapacidade temporal derivada destas, respecto daqueles traballadores por conta allea con contratos de traballo de carácter indefinido, así como dos socios traballadores ou de traballo das cooperativas, sempre que se encontren nalgún destes supostos:

  • 65 anos de idade e 38 anos e 6 meses de cotización.
  • 67 anos de idade e 37 anos de cotización.
     

En todos os casos citados, para os efectos do cómputo de anos de cotización non se tomarán en conta as partes proporcionais de pagas extraordinarias.

Se ao facer a idade correspondente a que se refiren os parágrafos anteriores o traballador non tivese cotizados  o número de anos en cada caso requirido, a exención será aplicable a partir da data en que se acrediten os anos de cotización esixidos para cada suposto.

As exencións non serán aplicables ás cotizacións relativas a traballadores que presten os seus servizos nas Administracións públicas ou nos Organismos públicos regulados no Título III da Lei 6/1997, do 14 de abril, de organización e funcionamento da Administración Xeral do Estado.

Aos traballadores que se lles aplique as exencións da obriga de cotizar, previstas no artigo 112 bis con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2013 e que accedan ao dereito á pensión de xubilación con posterioridade á devandita data, o período durante o que se estendesen as devanditas exencións será considerado como cotizado para os efectos do cálculo da pensión correspondente.

Para os cales resulte de aplicación a lexislación anterior ao 01-01-2013:

Os empresarios e traballadores quedarán exentos de cotizar á Seguridade Social por desemprego, Fondo de Garantía Salarial, formación profesional e por continxencias comúns, agás por incapacidade temporal derivada destas, respecto daqueles traballadores por conta allea con contratos de traballo de carácter indefinido, así como dos socios traballadores ou de traballo das cooperativas, sempre que teñan feitos os 65 ou máis anos de idade e acrediten 35 ou máis anos de cotización efectiva á Seguridade Social, sen que se computen para estes efectos as partes proporcionais de pagas extraordinarias.

Se ao facer os 65 anos de idade o traballador non tivese cotizados 35 anos, a exención será aplicable a partir da data en que se acrediten os 35 anos de cotización efectiva.

As exencións non serán aplicables ás cotizacións relativas a traballadores que presten os seus servizos nas Administracións públicas ou nos Organismos públicos regulados no Título III da Lei 6/1997, do 14 de abril, de organización e funcionamento da Administración Xeral do Estado.

Complementary Content
${loading}