Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Situacións protexidas / Beneficiarios / Requisitos

Situacións protexidas

Teñen a consideración de situacións determinantes da incapacidade temporal:
  • As debidas a enfermidade, común ou profesional, e a accidente, sexa ou non de traballo, mentres o traballador estea impedido para o traballo e reciba a asistencia sanitaria da Seguridade Social.
  • Os períodos de observación por enfermidade profesional, nos que se prescriba a baixa no traballo durante estes.

Situacións especiais de IT para mulleres traballadoras. Terán a consideración de situacións especiais de incapacidade temporal por continxencias comúns (En vigor dende o 1 de xuño de 2023):

  • Aquelas en que poida encontrarse a muller en caso de menstruación incapacitante secundaria.
  • A debida á interrupción do embarazo, voluntaria ou non, mentres reciba a asistencia sanitaria polo Servizo Público de Saúde e estea impedida para o traballo, sen prexuízo daqueles supostos en que a interrupción do embarazo sexa debida a accidente de traballo ou a enfermidade profesional, en cuxo caso terá a consideración de situación de incapacidade temporal por continxencias profesionais.
  • A de xestación da muller traballadora dende o día primeiro da semana trixésimo novena.

Beneficiarios/ Requisitos

As persoas integradas no Réxime Xeral que reúnan os seguintesrequisitos:

  • Estar afiliadas e en alta ou en situación asimilada á de alta na data do feito causante, mentres reciban asistencia sanitaria da Seguridade Social e estean impedidas para o traballo.

Cando derive de accidente de traballo ou enfermidade profesional, os traballadores consideraranse de pleno dereito afiliados e en alta, aínda que o empresario incumprise as súas obrigas.

Para os profesionais taurinos, a inclusión no seu censo de activos equivale á situación de alta.

Considérase situación de alta especial a folga legal ou o peche patronal.
Considéranse situacións asimiladas á de alta:

    1. A percepción da prestación por desemprego de nivel contributivo.
    2. Traslado pola empresa fóra do territorio nacional.
    3. Convenio especial de deputados e senadores e de gobernantes e parlamentarios de Comunidades Autónomas.
  • Ter cuberto un período de cotización de:
    • 180 días dentro dos 5 anos inmediatamente anteriores ao feito causante, en caso de enfermidade común.
    • Non se esixe período previo de cotización en caso de accidente, sexa ou non de traballo, e de enfermidade profesional.
    • Non se esixe período mínimo de cotización nas situacións especiais de incapacidade temporal debidas á interrupción do embarazo ou aquelas en que poida encontrarse a muller en caso de menstruación incapacitante secundaria.
  • Na situación especial de xestación da muller traballadora dende o día primeiro da semana trixésimo novena, esíxense os seguintes períodos mínimos de cotización:
    • Se a persoa traballadora ten menos de vinte e un anos de idade no momento do inicio do descanso non se esixirá período mínimo de cotización.
    • Se a persoa traballadora ten feitos os vinte e un anos de idade e é menor de vinte e seis no momento do inicio do descanso, o período mínimo de cotización esixido será de noventa días cotizados dentro dos sete anos inmediatamente anteriores ao momento de inicio do descanso. Considerarase cumprido o mencionado requisito se, alternativamente, acredita cento oitenta días cotizados ao longo da súa vida laboral, con anterioridade a esta última data.
    • Se a persoa traballadora ten feitos os vinte e seis anos de idade na data do inicio do descanso, o período mínimo de cotización esixido será de cento oitenta días cotizados dentro dos sete anos inmediatamente anteriores ao momento de inicio do descanso. Considerarase cumprido o mencionado requisito se, alternativamente, acredita trescentos sesenta días cotizados ao longo da súa vida laboral, con anterioridade a esta última data.
  • No caso de traballadores contratados a tempo parcial:

A partir do 01/10/2023, de acordo co disposto no art. único.26 do Real decreto-lei 2/2023, de 16 de marzo, para os efectos de acreditar os períodos de cotización necesarios para causar dereito ás prestacións de xubilación, incapacidade permanente, morte e supervivencia, incapacidade temporal e nacemento e coidado de menor teranse en conta os distintos períodos durante os cales o traballador permanecese en alta cun contrato a tempo parcial, calquera que sexa a duración da xornada realizada en cada un deles.

Normativa vixente ata o 30/09/2023: Para acreditar o período mínimo de cotización esixido,  aplicaranse, a partir do 04-08-2013,  as regras establecidas no Real Decreto-Lei 11/2013, do 2 de agosto, calculándose o coeficiente global de parcialidade sobre os últimos 5 anos.  

Para estes efectos, cando se trate de traballadores incluídos no Sistema especial para empregados de fogar, dende 2012 ata 2018, as horas efectivamente traballadas neste determinaranse en función das bases de cotización a que se refire a disposición transitoria 16 do Texto Refundido da Lei Xeral da Seguridade Social (TLGSS), divididas polo importe fixado para a base mínima horaria do Réxime Xeral pola LPGE para cada un dos devanditos exercicios.

Os períodos de incapacidade temporal, risco durante o embarazo ou descanso por maternidade, durante os que persista o contrato a tempo parcial, así como os de percepción da prestación por desemprego determinados pola suspensión ou extinción dunha relación laboral dese tipo, terán a mesma consideración, que o período precedente á baixa médica, ao descanso, á suspensión ou á extinción do contrato respectivamente.

O cómputo dos períodos que legalmente se asimilan a cotizados, que sucedan a períodos traballados a tempo parcial, levarase a cabo de forma idéntica á utilizada en relación co último período traballado.

Cando se realice simultaneamente máis dunha actividade a tempo parcial, sumaranse os días teóricos de cotización acreditados nas distintas actividades, tanto nas situacións de pluriemprego coma nas de pluriactividade nas que deba aplicarse o cómputo recíproco.

En ningún caso poderá computarse un número de días cotizados superior ao que correspondería de terse realizado a prestación de servizos a tempo completo.

Complementary Content
${loading}