Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Tarxeta Sanitaria Europea (TSE)

A Tarxeta Sanitaria Europea (TSE) é o documento persoal e intransferible, de carácter gratuíto, que acredita o dereito a recibir as prestacións sanitarias que resulten necesarias, dende un punto de vista médico, durante unha estancia temporal no territorio do Espazo Económico Europeo, Reino Unido ou Suíza, tendo en conta a natureza das prestacións e a duración da estancia prevista, de acordo coa lexislación do país de estancia, independentemente de que o obxecto da estancia sexa o turismo, unha actividade profesional ou os estudos.

A Tarxeta Sanitaria Europea (TSE) non é válida cando o desprazamento teña a finalidade de recibir tratamento médico, en cuxo caso é necesario que o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), ou o Instituto Social da Mariña (ISM), emita o formulario correspondente, previo informe favorable do Servizo de Saúde. Tampouco é o documento válido se vostede traslada a súa residencia ao territorio doutro Estado membro.

Nalgúns casos, deberá asumir unha cantidade fixa ou unha porcentaxe dos gastos derivados da asistencia sanitaria, en igualdade de condicións cos asegurados do Estado ao que se despraza. Estes importes non son reintegrables.

Para ampliar información poderá consultar o enderezo de Internet: https://ec.europa.eu/social/main.jsp?catId=1021&langId=es


Solicitude e Renovación

 Información sobre como solicitar a tarxeta.

Poderá solicitar ou renovar a súa Tarxeta Sanitaria Europea, ou a dos seus beneficiarios, na Sede Electrónica da Seguridade Social. Enviarémoslla directamente ao seu domicilio se o seu enderezo coincide co que ten rexistrado en Afiliación. Se precisa que lla enviemos a un enderezo distinto dentro de España, e ten o seu número de teléfono rexistrado connosco, pode solicitalo mediante un código que lle enviaremos ao seu móbil. Se ten certificado electrónico ou cl@ve tamén pode solicitalo nesta ligazón. Lembre que se a Tarxeta Sanitaria Europea é para un dos seus beneficiarios, é vostede quen a debe solicitar.

 Tarxeta Sanitaria Europea sen certificado dixital

 Tarxeta Sanitaria Europea con SMS

 Tarxeta Sanitaria Europea con certificado dixital

Calquera que sexa a forma de solicitude da TSE, esta enviarase nun prazo non superior a 5 días, ao domicilio, non entregándose en man en ningún caso.

Cando non sexa posible a emisión da TSE, ou se o seu desprazamento é inminente poderá solicitar o Certificado Provisional Substitutorio da TSE.

 Certificado Provisional Substitutorio(CPS)

Validez

A Tarxeta Sanitaria Europea (TSE) é válida ata a data de caducidade indicada nela. A utilización da TSE durante o seu período de validez encóntrase condicionada a que o seu titular continúe reunindo os requisitos que deron lugar á súa obtención. Noutro caso, os gastos que se orixinen poderían ser reclamados en concepto de prestacións indebidas, de acordo co previsto no artigo 76 do Regulamento (CE) 883/04.

É importante que antes de realizar un desprazamento a calquera país do Espazo Económico Europeo (1) ou a Suíza, comprobe que dispón de TSE e que o seu período de validez comprende a data de regreso prevista. Se non é así, solicite unha nova TSE para asegurar a cobertura sanitaria durante a súa estancia.

(1) Estados nos que ten validez a TSE:

Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría Irlanda, Islandia, Italia, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, Países Baixos, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Romanía, Suecia e Suíza.

Nota informativa para imprimir


En la siguiente tabla podrá descargarse los siguientes Documentos.
Documentos Descarga Fecha
Nota informativa para imprimir Descargar documento Nota informativa para imprimir. O documento abrirase nunha ventá nova. Descargar documento Nota informativa para imprimir. O documento abrirase nunha ventá nova. (PDF,277 KB) 25/03/2021

Poden solicitar a TSE

Os titulares do dereito e beneficiarios ao seu cargo que cumpran os requisitos esixidos pola lexislación española e polos Regulamentos Comunitarios de Seguridade Social.

Complementary Content
${loading}