Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal.


Dereito de opción / Aboamento

Dereito de opción

  • Os traballadores que, reunindo todos os requisitos para obter o recoñecemento do dereito á pensión de xubilación na data de entrada en vigor (5-8-97) da Lei 24/1997, de 15 de xullo, de Consolidación e Racionalización do Sistema de Seguridade Social, non o exercitasen, aínda que non cesasen no traballo, poderán optar por acollerse á lexislación anterior para obter a pensión nas mesmas condicións a que tivesen dereito o día anterior ao da entrada en vigor desta lei.

  • Nos supostos de opción a favor da lexislación anterior á citada lei, as cotizacións efectuadas a partir de 5-8-97 non se computarán a efecto algún nin procederá a súa devolución.

  • A opción terá carácter irrevogable.

Aboamento

  • As pensións abóanse en 14 pagas, unha por cada un dos meses do ano e dúas pagas extraordinarias ao ano, que se fan efectivas xunto coas mensualidades de xuño e novembro e polo mesmo importe que o da mensualidade ordinaria correspondente a estes meses.

Nos supostos de recoñecemento inicial ou de continuación da percepción dunha pensión, así como nos casos de suspensión da percepción da pensión ou extinción da mesma, a paga extraordinaria correspondente aboarase en razón de sextas partes.

  • A pensión, incluído o importe da pensión mínima, revalorizarase ao comezo de cada ano, de acordo co Índice de Prezos ao Consumo previsto para este ano.
  • A pensión de xubilación está suxeita a tributación nos termos establecidos nas normas reguladoras do Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) e sometida, no seu caso, ao sistema xeral de retencións a conta do Imposto.
Complementary Content
${loading}