Situacións protexidas
Considéranse situacións protexidas, durante os períodos de descanso e permisos dos que se gocen por tales situacións:
- O nacemento de fillo ou filla.
- A adopción, a garda con fins de adopción e o acollemento familiar sempre que, neste último caso, a súa duración non sexa inferior a un ano, e se trate de:
- Menores de 6 anos.
- De acordo co Estatuto básico do empregado público (EBEP), os supostos de adopción, garda con fins de adopción ou acollemento, tanto temporal como permanente, serán os que así se establezan no Código Civil ou nas leis civís das comunidades autónomas que os regulen, debendo ter o acollemento temporal unha duración non inferior a un ano.