O 200% da contía resultante de lle aplicar a porcentaxe que lle corresponda, segundo a pensión da que se trate, á base reguladora. Esta contía determínase de acordo coas normas que regulan o método de cálculo das pensións derivadas de accidente de traballo, con certas peculiaridades.
Base reguladora:
-
Se o falecido non se atopase en alta ou situación asimilada no momento de producirse aquel, tomarase como base mensual de cotización a base mínima do Réxime Xeral (contía do salario mínimo interprofesional vixente en cada momento, incrementada nun sexto).
-
Se o falecido tivese a condición de pensionista da Seguridade Social, tomarase como base reguladora a correspondente á pensión que estivera percibindo, actualizándoa conforme a evolución experimentada polo IPC dende o mes de determinación da base reguladora ata o segundo mes anterior ao que se producira a comisión do atentado.
Porcentaxe:
-
Se se trata de
viuvez, o 52% ou, no seu caso, ata un 70% cando se acrediten determinados
requisitos.
En caso de nulidade, a contía será proporcional ao tempo vivido en matrimonio co falecido.
-
Se se trata de orfandade, o 20% ou, se hai varios orfos, a porcentaxe que, no seu caso, corresponda ata chegar ao límite do 100% da base reguladora, incluíndo a porcentaxe de viuvez.
Nos casos de orfandade de pai e nai, a pensión de orfandade increméntase coa porcentaxe do 52% da viuvez (o incremento distribuirase a partes iguais entre os orfos con dereito a pensión, cando sexan varios).
-
Se se trata de pensión en favor de familiares, o 20% ou a porcentaxe que corresponda, e iso sempre que as pensións de viuvez e orfandade non alcanzasen o 100% da base reguladora.
Cando á morte do causante non quedase cónxuxe sobrevivente nin fillos con dereito a pensión de orfandade, ou cando o cónxuxe sobrevivente con dereito a pensión de viuvez falecese percibíndoa sen que queden orfos beneficiarios, a pensión en favor dos correspondentes familiares poderá incrementarse coa porcentaxe do 52% de viuvez.
- Cando existan varios beneficiarios, a suma das contías das prestacións por morte e supervivencia non pode exceder do 100% da base reguladora que corresponda. Esta limitación aplicarase á contía inicial, mais non afectará ás revalorizacións periódicas que procedan de aquí en diante.
Non obstante, o límite do 100% poderá ser superado en caso de concorrencia de varias pensións de orfandade con viuvez, cando a esta lle corresponda a porcentaxe do 70%, sen que a suma das pensións de orfandade poida superar, en ningún caso, o 48% da base reguladora.
Para os efectos desta limitación, unha vez asignada a pensión de viuvez, recoñeceranse as pensións de orfandade coa contía que lles corresponda e, finalmente, no caso de non alcanzar o 100% da base reguladora, recoñeceranse as "pensións" en favor de familiares seguindo, entre estes últimos, a orde establecida na Lei.
Importe mínimo mensual:
Teñen establecido un
importe mínimo mensual equivalente ao triple do
IPREM vixente en cada momento. Para estes efectos, as pensións familiares compútanse conxuntamente.
Importe máximo:
A contía da pensión pode superar o importe máximo establecido para o resto das pensións públicas.
Retencións por IRPF:
Están exentas do Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF).