Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Devolución de ingresos indebidos

As persoas obrigadas a cotizar ou ao pagamento doutras débedas coa Seguridade Social teñen dereito á devolución total ou parcial do importe dos ingresos realizados por erro.

As devolucións inclúen os xuros de demora dende a data do ingreso na Tesourería Xeral da Seguridade Social ata a data da proposta de pagamento.

Non procederá a devolución das cotas ou recursos ingresados maliciosamente.

Se a persoa suxeito da devolución fose debedora da Seguridade Social ou tivese concedido un aprazamento ou moratoria, o importe da devolución aplicarase á débeda pendente de ingreso ou de amortización (agás no caso da débeda garantida mediante aval xenérico)

As solicitudes de devolución de ingresos deberán dirixirse á Administración da Seguridade Social correspondente ao domicilio do obrigado ao pagamento. No caso de que este teña centralizada a súa xestión nunha Administración en concreto, será esta a Administración competente.

Os traballadores dos Réximes Especiais de: Autónomos, Agrario conta allea, Traballadores do Mar conta propia, Empregados de Fogar (titulares do fogar familiar e traballadores descontinuos) e Convenios Especiais, poden solicitar a devolución das súas cotas a través da Sede Electrónica >Cidadáns > Recadación> Devolución de Ingresos de réximes e sistemas especiais

Mediante este servizo tamén poden consultar o estado de tramitación da súa solicitude. Para acceder a este é necesario dispoñer de DNI  electrónico ou Certificado dixital.

Os empresarios deben solicitar á Tesourería Xeral da Seguridade Social a devolución da súa achega así como a dos seus traballadores aos que llela deberán reintegrar cando se lles faga efectiva a devolución. Non obstante, o traballador por conta allea pode solicitar directamente á Tesourería Xeral a devolución das súas cotas se a empresa desaparecese ou se negase a solicitar esta devolución.

O dereito á devolución de cotas prescribe aos catro anos contados dende o primeiro día seguinte ao seu ingreso.

En la siguiente tabla podrá descargarse los siguientes Documentos.
Documentos Descarga Fecha
TC.13/1 Solicitude de devolución de ingresos indebidos Descargar documento TC.13/1 Solicitude de devolución de ingresos indebidos. O documento abrirase nunha ventá nova. Descargar documento TC.13/1 Solicitude de devolución de ingresos indebidos. O documento abrirase nunha ventá nova. (PDF,202 KB) 23/10/2018
Complementary Content
${loading}