Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga una mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal.

Si continúa navegando se considera que acepta su uso. Para más información consulte nuestra política de cookies.


Conceptos xerais

Concepto

Con carácter xeral é un acordo subscrito voluntariamente polos traballadores coa Tesourería Xeral da Seguridade Social co fin de xerar, manter ou ampliar, en determinadas situacións, o dereito ás prestacións da Seguridade Social, e coa obrigación de aboar ao seu exclusivo cargo, as cotas que corresponden.

Noutros casos, como no convenio especial de empresas e traballadores suxeitos a expedientes de regulación de emprego que inclúa a traballadores de 55 ou máis anos, a subscrición vén imposta pola Dirección Provincial de traballo e o acordo subscríbese pola empresa e o traballador dunha parte e a Tesourería Xeral da Seguridade Social doutra.

Acción protectora

O Convenio Especial terá como obxecto a cobertura das prestacións correspondentes a invalidez permanente, morte e supervivencia, derivadas de enfermidade común e accidente non laboral, xubilación e servizos sociais.

Os Convenios subscritos con anterioridade ao 1 de xaneiro de 1998 tiñan a opción de subscribir, con carácter voluntario, a prestación de asistencia sanitaria por enfermidade común, accidente non laboral e maternidade. Estes convenios continuarán a rexerse pola normativa que lles fora de aplicación. Non obstante, con posterioridade a esta data non cabe a opción de reducir o ámbito de cobertura do Convenio Especial.

Complementary Content
${loading}