Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal.


Convenio especial para os incluídos no campo de aplicación do sistema de seguridade social español que pasen a prestar servizos na administración da Unión Europea

Pode enlazar á sección Trámites e Xestións para ver unha versión simplificada.

¿Quen pode subscribilo?


Aquelas persoas que entren ao servizo das Comunidades Europeas e que exerciten o seu dereito de transferir dende calquera dos réximes públicos de previsión social españois ao sistema de previsión social do persoal, comunitario, o equivalente actuarial ou o valor de rescate dos dereitos pasivos adquiridos en concepto de xubilación ou retiro e de viuvez.

Forma e prazo de solicitude

A solicitude do Convenio Especial efectuarase mediante a presentación do modelo correspondente (modelo TA-0040), ante a Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou Administración da mesma correspondente ao domicilio do solicitante.

- Ábrense dous prazos:

* 90 días seguintes ao cesamento ou situación determinante do convenio especial.

* En calquera momento.

Requisitos


Non se esixe período mínimo de cotización para esta modalidade de Convenio Especial. Deberá acreditarse o nomeamento como funcionario ou axente temporal da Comunidade Europea, así como ter exercitado o dereito á transferencia previsto no Real Decreto.

Acción protectora


Este Convenio Especial garante cobertura por Incapacidade Permanente, Servizos Sociais e Asistencia Sanitaria. (Exclúense do mesmo as prestacións de Xubilación e por Morte e Supervivencia).
En la siguiente tabla podrá descargarse los siguientes Documentos.
Documentos Descarga Fecha
Modelo xustificante técnico de cambio coefic. redutor idade xubilación Descargar documento Modelo xustificante técnico de cambio coefic. redutor idade xubilación. O documento abrirase nunha ventá nova.(PDF,11 KB) 29/05/2008

Efectos


Se a solicitude do convenio especial se presentase dentro dos noventa días naturais seguintes á data do cesamento na actividade ou na situación que determine a subscrición do convenio especial, producirá efectos dende o día seguinte a aquel no que producise efectos a baixa no Réxime correspondente agás que o interesado opte porque os efectos sexan dende a presentación da solicitude.

Se a solicitude do convenio se presentase fóra do prazo dos 90 días, o mesmo producirá efectos dende o día da presentación da solicitude.

En la siguiente tabla podrá descargarse los siguientes Documentos.
Documentos Descarga Fecha
Exemplo ficheiro FAN bonificación continua Descargar documento Exemplo ficheiro FAN bonificación continua. O documento abrirase nunha ventá nova.(PDF,11 KB) 30/05/2008

Cotización


A determinación da cota a ingresar realizarase de acordo coas normas establecidas na regulación xeral, coa particularidade de que lle corresponde a aplicación dun coeficiente específico a fin de diminuír a cotización como consecuencia das continxencias non cubertas.

Outros

Para o non establecido no artigo 13 da Orde TAS/2865/2003, do 13 de outubro, este convenio especial regúlase polas normas xerais.

Complementary Content
${loading}