Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Contenido principal

Os servizos de xestión e atención telefónica

Os servizos de Xestión e Atención Telefónica teñen como obxectivo acercar ao cidadán a información e xestión da Seguridade Social, evitando desprazamentos e esperas innecesarias, a través da comunicación telefónica.

O seu deseño pretende responder ás necesidades e requirimentos de calquera xestión e información de empresas, traballadores por conta propia ou autónomos e ás demandas de información ou documentación dos traballadores por conta allea.

    Tesourería Xeral da Seguridade Social

    No caso da TGSS, o acceso telefónico ten lugar a través dun único número, 901 50 20 50, que ofrece, tras chamar, a posibilidade de elixir entre 4 opcións, as cales se poden ampliar en función de novas necesidades que vaian xurdindo:

    • Opción 1: Solicitude de Informes de Vida Laboral.
    • Opción 2: Sistema Red (Remisión Electrónica de Datos).
      • 2.1 Incidencia certificado dixital, instalación de sóftware e comunicacións.
      • 2.2 Incidencias partes de Incapacidade Temporal.
      • 2.3 Consultas ou información.
    • Opción 3: Información xeral da TGSS.
    • Opción 4: Información ou consultas sobre Campañas de Vida Laboral e Bases de Cotización.

    O horario de atención é de luns a venres, de 9 a 14 horas e de 16 a 18 horas de luns a xoves e os venres de 9 a 14 horas. As chamadas que se producen fóra de horario ou non son atendidas por saturación dos axentes, recóllense nunha caixa de correo de voz para a súa posterior devolución e solución. Polo tanto, os cidadáns poden chamar as 24 horas do día, todos os días do ano.

    A continuación, relaciónanse os servizos ofrecidos a través do 901 50 20 50 en cada unha das áreas temáticas nas que se divide a atención telefónica:

    Campañas de Vidas Laborais e Bases de Cotización
    • Anualmente, a Tesourería Xeral da Seguridade Social envía a información laboral dos traballadores (Vida Laboral e Bases de Cotización), a todos os cidadáns que, nalgún momento do ano anterior, tivesen unha situación de alta nalgún dos Réximes do Sistema de Seguridade Social.
    • Mediante este servizo de atención telefónica, os cidadáns poden, ademais de recibir información de carácter xeral sobre esta campaña, presentar incidencias e resolver as súas dúbidas respecto á información laboral remitida.
    Solicitude de Informes de Vida Laboral
    • Calquera cidadán pode solicitar o seu Informe de Vida Laboral, que será remitido, vía correo ordinario, ao seu domicilio. En caso de que os datos persoais do cidadán non se atopen actualizados, enviarase un formulario de actualización de datos para cubrición e posterior reenvío á TGSS . Finalmente, e unha vez fosen actualizados, a TGSS procederá a remitir o informe de Vida Laboral correspondente.
    Sistema RED
    • Dá soporte aos usuarios do Sistema RED, nos temas referentes a autorizacións, funcionalidades e uso do sistema.
    • Resólvense as incidencias técnico-informáticas formuladas por estes usuarios.
    • Resolución de dúbidas e incidencias relacionadas coa tramitación de partes de Incapacidade Temporal e Enfermidade Profesional a través do Sistema RED. 
    Outra información
    • Información xeral sobre as materias que a TGSS ten atribuídas.
    • Emisión e remisión de certificados e informes.
    • Facilitar o trámite de diversas xestións.

    Instituto Nacional da Seguridade Social

    O servizo de atención telefónica ofrécese a través do teléfono 901 16 65 65, través do que os cidadáns poden obter información de carácter xeral e persoal (previa superación do correspondente protocolo de comprobación de identidade) sobre o recoñecemento e trámite das prestacións sometidas a lexislación nacional, como ao amparo da normativa internacional: Regulamentos Comunitarios e Convenios Bilaterais en materia de Seguridade Social. Requisitos para a obtención da tarxeta sanitaria europea. Datos para a emisión de certificados. Cita previa...

    Pódese contactar coa liña 901 16 65 65  dende calquera lugar do territorio. O horario de atención é de 9:00h a 20:00h, de luns a venres.

Contenido complementario
${loading}