Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Contenido principal

Determinación da base de cotización por continxencias profesionais.

A base de cotización para estas continxencias calcúlase de igual forma que en continxencias comúns, se ben coa particularidade de que se engaden as cantidades aboadas en concepto de horas extraordinarias. A Orde Ministerial sobre cotización indica que "Para determinar a base de cotización correspondente a cada mes polas continxencias de accidente de traballo e enfermidades profesionais, aplicaranse as normas a) e b) do apartado anterior (Base de cotización por continxencias comúns) coa inclusión dos importes percibidos polas horas extraordinarias. A cantidade que así resulte non poderá ser superior ao tope máximo nin inferior ao tope mínimo correspondente, calquera que sexa o número de horas traballadas diariamente, agás naqueles supostos en que por disposición legal se establece o contrario (ex. contratos a tempo parcial).

Bases máximas e mínimas

O tope máximo desta base de cotización será fixado cada ano. En canto ao tope mínimo será equivalente ao salario mínimo interprofesional vixente en cada momento, incrementado polo pro rateo das percepcións de vencemento superior ao mensual que perciba o traballador, sen que poida ser inferior a unha cantidade fixada anualmente.

Tipo de cotización.

Para as continxencias de accidentes de traballo e enfermidades profesionais aplicaranse as porcentaxes da tarifa de primas establecidas na lexislación vixente. O tipo de cotización aplicable será o correspondente á actividade económica principal desenvolvida pola empresa, conforme á Clasificación Nacional de Actividades Económicas, e aos códigos que na mesma se conteñen en relación con cada actividade.

Estas primas non son iguais, por un lado, terán unha cotización específica segundo a actividade económica da empresa e, por outro, poderán reducirse no suposto de empresas que se distingan no emprego de medios eficaces de prevención e no seu caso aumentarse para empresas que incumpran as súas obrigas en materia de seguridade e hixiene no traballo, todo iso nos supostos e condicións que determine o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Contenido complementario
${loading}