A Seguridade Social pon á súa disposición as súas liñas telefónicas a través das cales poderá recibir información e realizar diferentes trámites sen necesidade de desprazamentos e co compromiso de: Non deixalo sen resposta, facilitar a información e datos solicitados en prazos mínimos e confidencialidade.
Liña 901 166 565 de Pensións e outras prestacións (INSS)
Liña 901 106 570 cita previa automatizada para pensións e outras prestacións (INSS)
Liñas das oficinas e outros centros da Seguridade Social
Para manter a confidencialidade dos seus datos todos os informes ou documentos relativos a eles se enviarán unicamente ao seu nome e ao domicilio que conste nos nosos ficheiros.
De non coincidir os datos achegados polo cidadán cos existentes nas nosas bases de datos, enviarémoslle un impreso (a franquear en destino) no que de forma sinxela poderá actualizar os datos para que unha vez seguros da súa identidade poidamos remitirlle o solicitado
Para facilitar a comunicación ao realizar a chamada, teña á man a documentación necesaria para a súa consulta: DNI (Documento Nacional de Identidade), NAF (Número de afiliación), CCC (Código de Conta de Cotización) etc.