Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Fe de erratas do Boletín de Noticias RED 2008/1 do 4 de febreiro

Modifícase o boletín de Noticias RED 2008/1, do 4 de febreiro de 2008, coa seguinte corrección.

  • No apartado “Especificacións de cotización relativas á Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do Traballador Autónomo”, punto “TC2 Normalizado e TC2 Abreviado”, parágrafo segundo, no que se indicaba:
    Os importes consignados por esta clave na columna de Deducións ou Compensacións, totalizará na casa “Bonificacións/Reducións a cargo do INEM”. Os importes da devandita casa acumularanse na casa 601 do boletín TC1, TC1/4, TC1/16 e TC1/25. No caso dos TC1/3, TC1/8 e TC1/19, os importes acumularanse na casa 610 do boletín.”

    deberíase omitir o modelo normalizado TC1/8, xa que corresponde ao Réxime Especial de Traballadores Agrarios, non incluídos nesta normativa.

    O parágrafo quedaría redactado do seguinte xeito:

    “Os importes consignados por esta clave na columna de Deducións ou Compensacións, totalizará na cela “Bonificacións/Reducións a cargo do INEM”. Os importes da devandita casa acumularanse na casa 601 do boletín TC1, TC1/4, TC1/16 e TC1/25. No caso dos TC1/3 e TC1/19, os importes acumularanse na casa 610 do boletín.”

 

  • No apartado “Principais aspectos derivados da publicación da Orde TAS/76/2008, pola que se desenvolven as normas de cotización á Seguridade Social, Desemprego, Fondo de Garantía Salarial e Formación Profesional para o ano 2008”, punto 6.1 “Cotización por desemprego e Fondo de Garantía salarial no Réxime Especial Agrario”
    para traballadores por conta allea de carácter fixo omitiuse a seguinte aclaración:

    “A partir do 1 de xullo de 2008, o tipo de cotización para a continxencia de desemprego establecido no parágrafo anterior será de:
      COTIZACIÓN POR DESEMPREGO R.E. AGRARIO - TRABALLADORES POR CONTA ALLEA DE CARÁCTER FIXO
      Tipo de desemprego A cargo da empresa A cargo do traballador
      7,05 5,50 1,55
    Complementary Content
    ${loading}