Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

2008/2 do 6 de febreiro de 2008

Posta en marcha de RED Directo

A Tesourería Xeral da Seguridade Social pon en marcha o servizo RED Directo.

RED Directo é unha nova modalidade de transmisión dentro do sistema RED orientada á pequena e mediana empresa para facilitarlles o cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social a través da Internet, mediante conexión directa en tempo real coa TGSS.

Para poder acollerse a esta nova modalidade é necesario solicitar unha autorización RED Directo.

Poderán solicitar a autorización aquelas empresas, agrupacións de empresas, profesionais colexiados e demais persoas que, no exercicio da súa actividade cubran e presenten documentos de cotización en representación dos suxeitos responsables da obriga de cotizar, sempre que xestionen Códigos de Conta de Cotización (en diante CCC), cun número non superior a 15 traballadores no momento de solicitar a autorización. Unha vez resolta a autorización, se o número de traballadores dun CCC asignado a unha autorización RED Directo aumenta e supera os 15 traballadores, ese CCC poderá seguir traballando con RED Directo sempre e cando non supere os 25 traballadores.

Para máis información sobre a solicitude de autorización, consultar o “Folleto Informativo”.

As funcionalidades ás que terán acceso os usuarios de RED Directo son as seguintes:

  • Cotización: Os usuarios poderán cubrir e presentar os documentos TC2 das súas empresas a través da Internet e obter o Recibo de Liquidación de Cotizacións, que substitúe o TC1. O aboamento do Recibo de Liquidación de Cotizacións poderá realizarse de distintas maneiras, en función da modalidade de pagamento elixida polo usuario:

    • Cargo en conta: O aboamento de cotas realízase a través de domiciliación na Entidade Financeira e conta cliente que determine o usuario.

    • Pagamento electrónico: O aboamento do Recibo realizarase en caixeiros automáticos, na banca telefónica, na banca a través da Internet ou achegándose ata a Entidade Financeira.

      En caso de que a liquidación de cotas resulte a favor do usuario, a mera presentación dos documentos de cotización por RED Directo considerarase solicitude de Saldo Acredor e, simplemente indicando os datos da conta bancaria se tramitará a devolución do importe correspondente.

    Outros servizos ofrecidos no ámbito de cotización son:

    • Obtención do borrador do TC2 e Recibo de Liquidación
    • Cambio da modalidade de pagamento elixida e dos datos da conta bancaria
    • Consulta de documentos presentados e impresión de duplicados
    • Obtención de Recibos de Liquidación de Cotizacións con recarga de mora
    • Anulación de Documentos
    A funcionalidade de cotización actualmente só está operativa para Códigos de Conta de Cotización pertencentes ao Réxime Xeral (0111) e liquidacións normais (L00).

  • Afiliación de Traballadores: Neste ámbito, permítese realizar altas e baixas de traballadores, variacións nos datos de afiliación destes e tamén obter datos dos traballadores e das empresas mediante consultas e informes.

  • Presentación de Partes Médicos de Incapacidade Temporal:  RED Directo permite a remisión dos partes de baixas médicas, altas e confirmación, derivadas de continxencias comúns e de continxencias profesionais, tanto se están cubertas polo INSS ou por unha mutua.

  • Consulta de Mensaxes: Os usuarios de RED Directo poderán realizar consultas en liña das mensaxes emitidas pola TGSS e imprimilas en formato PDF. As mensaxes almacénanse na caixa de correos persoal que a TGSS pon a disposición do usuario.

A infraestrutura necesaria para traballar con este medio de transmisión é mínima, abonda con ter:

  • Un PC coas seguintes características:

    • Acceso á Internet mediante ADSL

    • Memoria RAM de polo menos 128 Mb

  • Certificado Dixital SILCON ou DNI electrónico para garantir a seguridade e confidencialidade.
     

As vantaxes que lles ofrece aos usuarios este medio de transmisión son as seguintes:

  • Conexión directa coa TGSS para levar a cabo os trámites de afiliación, cotización e partes médicos en tempo real.

  • Mínima infraestrutura: só se necesita un PC con conexión á Internet.

  • Ferramenta sinxela: non require coñecementos especiais nin informáticos nin en materia de Seguridade Social.

  •  RED Directo ofrece un formulario dixital, sinxelo, dinámico e personalizado para confeccionar os documentos de cotización, que non permite equivocacións e que simplifica o cumprimento da súa obriga de cotizar respecto á Seguridade Social.

Por último, indicar que na páxina web da Seguridade Social (www.seg-social.es), nos apartados de “Información” e “Documentación” do Sistema RED, púxose a disposición dos usuarios toda a información relativa a RED Directo, así como os seguintes materiais:

  • Formularios de Solicitude.

  • Manuais de Usuario: Díptico informativo, Folleto informativo, Presentación de RED Directo e unha Guía Básica de uso.

Boletín de Noticias RED 2008/02


En la siguiente tabla podrá descargarse los siguientes Documentos.
Documentos Descarga Fecha
Boletín de Noticias RED 2008/02 Descargar documento Boletín de Noticias RED 2008/02. O documento abrirase nunha ventá nova. Descargar documento Boletín de Noticias RED 2008/02. O documento abrirase nunha ventá nova. (PDF,46 KB) 14/05/2008
Complementary Content
${loading}