Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Prazos, Pagamentos e Documentación

Pódese solicitar un recibo de liquidación coa recarga correspondente para o seu ingreso fóra de prazo?

Si, de liquidacións xa presentadas, sempre e cando, Sistema RED xa calculase no mes da presentación o correspondente recibo de liquidación. Esta funcionalidade atópase situada dentro do Sistema en:

  • "Cotización en liña", "Cotización en liña Real" - "Xestión de ingresos de cotas pendentes".

Para máis información consultar o Manual de usuario "Transaccións de Xestión de Ingresos de Cotas Pendentes",  que se atopa dispoñible en:

  • Área de Sistema RED, "RED Internet", "Documentación RED Internet", "Manuais de usuario", "Cotización".

Mantéñense os prazos de presentación e pagamento no Sistema RED?

Si. Estes prazos están suxeitos a unha normativa de ámbito xeral.
 

Pode o usuario obter un certificado de estar ao corrente de pagamento?

Si, pódeo obter en calquera momento na opción de Sistema RED en liña:

  • "Cotización en liña", "Xestión de Débeda", "Certificado de estar ao corrente nas obrigas da Seguridade Social. Permite solicitar certificados para un CCC de empresa ou dun traballador do Réxime de Autónomos.

Hai que pagar na mesma data na que se presenta o TC2?

As relacións nominais dos traballadores (documentos TC2) pódense presentar durante todo o período recadador. Non implican pagamento pero si presentación de documentos. Para o pagamento terá que aterse ao que establece a normativa vixente. O ingreso faise nas Entidades Colaboradoras cos documentos da serie TC1, ou por domiciliación de maneira que non sexa necesario acudir ás Entidades Colaboradoras para presentar o documento TC1.

A TGSS  tamén ofrece a posibilidade de utilizar a modalidade de "Pagamento electrónico", mediante diversas canles de pagamento (banca telefónica, banca electrónica por Internet, caixeiros e ingresos nas Entidades Financeiras).

Como se xustifica que se enviaron os documentos?

O usuario recibirá varias notificacións. A primeira é un xustificante de recepción inmediato á realización do envío. É de índole técnica e determina que a súa mensaxe foi recibida pola TGSS . A segunda é un xustificante técnico a modo de resposta que inclúe o resultado do tratamento dos documentos.
 

Pódense presentar os documentos TC2 fóra de prazo?

Si. Incorrendo nas recargas que regula a normativa, se non se realizou o oportuno ingreso de cotas.
 

Cando se envían os Recibos de Liquidación de Cotizacións? Pódese adiantar o envío destes recibos?

Os Recibos de Liquidación de Cotizacións xéranse de maneira automática ou pódese adiantar o envío a petición do usuario RED.

Emisións automáticas

Os Recibos de Liquidación de Cotizacións con cabeceira de pagamento electrónico, xeraranse automaticamente nas datas que se indican a continuación. Lémbrase que, a partir da emisión do recibo de Liquidación de Cotizacións, o TC2 quedará bloqueado sen posibilidade de substitución, polo que se recomenda que se realicen as presentacións con tempo suficiente para que poidan ser corrixidas, no caso de que existan erros.

  • Para as presentacións realizadas entre o día 1 e 23 do mes, o Recibo de Liquidación de Cotizacións remitirase ao usuario a partir do día 24.
  • Para as presentacións realizadas entre o día 24 e 27 (no mes de febreiro día 26), o Recibo de Liquidación de Cotizacións remitirase a partir do día 28 (27 no mes de febreiro).
  • Para as presentacións realizadas a partir do día 28 e ata as 20.00 horas do último día do mes de presentación, o Recibo de Liquidación de Cotizacións emitirase ao día seguinte, a excepción das presentacións realizadas o último día do mes, cuxo peche e Recibo remitirase a partir das 20.00 horas do mesmo día.

A petición do usuario:

Cando o usuario desexe obter o Recibo de Liquidación de cotizacións con anterioridade ás datas indicadas, poderá solicitar a través da oficina virtual, Sistema RED, Cotización en liña a solicitude de “cabeceira de cobro por portelo”. Ao longo do día, o Sistema remitirá o correspondente Recibo de Liquidación de Cotizacións que poderá imprimirse a través de WinSuite.

O Manual de usuario destas transaccións de Pagamento Electrónico está dispoñible na Área de Sistema RED, apartado “Documentación do Sistema RED”, “Manuais de usuario”, “Cotización”.

O usuario poderá realizar a solicitude de petición anticipada do Recibo de Liquidación de Cotizacións accedendo ao "Sistema RED en liña" a través de Internet, na opción "Cotización en liña".

Pódese anular o pagamento electrónico? Como se debe efectuar o ingreso do TC1? Débese presentar un TC2 novo?

Dende o día 1 do mes de presentación e ata o momento de emisión do Recibo de Liquidación de Cotizacións con cabeceira de pagamento electrónico poderá corrixirse o TC2 mediante o envío doutro documento que o substitúa.

A partir da emisión do recibo de Liquidación de Cotizacións o TC2 quedará bloqueado sen posibilidade de substitución, polo que se recomenda que se realicen as presentacións con tempo suficiente para que poidan ser corrixidas, no caso de que existan erros.

Proximamente implementarase a posibilidade de anular o Recibo de Liquidación de Cotizacións emitido, de tal forma que o documento TC2 quedará desbloqueado permitíndose a súa substitución por un novo documento.

Como se solicita o pagamento electrónico?

O Sistema RED calculará automaticamente, sen que se requira solicitude por parte do usuario, a modalidade de Pagamento Electrónico a todas as liquidacións que reúnan os requisitos para acollerse á mesma, agás que o usuario solicitase o seu ingreso pola modalidade de cargo en conta ou resulten acredores.

Dado que para os Códigos de Conta de Cotización con colectivo especial de Administración Pública, non é de aplicación o cálculo automático de pagamento electrónico, a solicitude de ingreso de cotas mediante esta modalidade a debe realizar o usuario consignando o valor “V” no segmento MPG do ficheiro FAN.

Hai que confeccionar o TC1 en papel oficial?

Si, debe confeccionar o TC1 coa inclusión na cela reservada da sinatura e do selo do empresario: "Non acompaña TC2 Autorización TGSS  nº de data ", segundo o disposto na Orde Ministerial do 3 de abril de 1995 (BOE  7 de abril), disposición adicional segunda. Non obstante, o procedemento de domiciliación en conta permite que dende a TGSS   se lle remita á entidade financeira sinalada o cargo correspondente á liquidación de cotas, co que se elimina o documento TC1 actual.

Á súa vez, a modalidade de "Pagamento Electrónico", substitúe o actual TC1 polo Recibo de Liquidación de Cotizacións calculado pola TGSS .

Pódese imprimir un TC2 cando se queira? Cantas veces?

A impresión dos documentos de cotización corre por conta do usuario autorizado no SistemaRED . No anexo V da Resolución da Dirección Xeral desta Tesourería da Seguridade Social (BOE  do 7 de xuño de 1995), determínanse os principios que rexen o procedemento de impresión, de tal xeito que os documentos obtidos teñan a validez necesaria, de forma semellante aos obtidos polo procedemento convencional alleo ao Sistema RED.

O aspecto máis destacado deste punto fai referencia ao subministro, por parte da TGSS , dos elementos de contraste e control necesarios en liña co exposto no artigo 45, punto 5º, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (BOE do 27 de novembro). Estes elementos de control convértense no caso do Sistema RED nas denominadas pegadas  ou selos electrónicos que se emiten ao final do período recadatorio, ou a petición de cada usuario de forma anticipada, antes deste prazo.

Os documentos que se imprimirán, e segundo se recolle na normativa antes citada, han conter tanto estes selos electrónicos como un texto determinado co que o titular da autorización certifica que o impreso corresponde cos datos orixinais. No caso dos documentos de cotización, o programa da TGSS facilita a súa impresión ao cumprir os requirimentos antes mencionados.

Polo tanto, o usuario ten na súa base de datos os elementos necesarios para imprimir un TC2 tantas veces como desexe.

Que prazo hai para corrixir erros?

Durante o período de presentación, e ata 3 días hábiles despois do peche do período, poderanse corrixir os documentos presentados mediante o envío dun novo documento correcto que substitúa ao anterior.

Unha vez finalizado este prazo, poderanse corrixir erros materiais ou de cálculo a través do procedemento de corrección de erros, mediante a presentación dun novo documento corrector que substitúa ao documento xa consolidado.

Este procedemento só se utilizará cando se detecten erros nos documentos TC2, e sempre que o ingreso de cotas se realizara correctamente.
Non procederá o sistema de corrección de erros se o ingreso non se efectuara pola totalidade das cotas ou dos traballadores, en cuxo caso resolverase mediante a presentación dunha liquidación complementaria.
 

Pode o usuario comprobar o estado das súas débedas a través do Sistema RED?

Se, a través do servizo de "Xestión de Débeda". Este servizo ofrécelle a posibilidade de consultar as débedas, obter un Informe das mesmas, así como solicitar os documentos de ingreso das débedas que se atopen xeradas na Tesourería. A opción de consulta amosará ao usuario a relación de documentos de débeda para un determinado suxeito responsable en función dos parámetros de selección solicitados.

O usuario ademais poderá solicitar un Informe de Débeda en función dos parámetros de selección solicitados, que se remitirá en diferido ao usuario principal da autorización.

Por último, poderase obter o documento de ingreso de calquera documento de débeda, tanto en vía voluntaria como en vía de prema. Este servizo ubicarase no seguinte menú en liña:

  • "Cotización en liña" - "Xestión de Débeda" - "Documentos de Débeda: Consulta, Informe e Solicitude de Documentos de Ingreso".   

É posible que o usuario poida solicitar a través do Sistema RED duplicados de recibos de liquidación para ingresos fóra de prazo?

Si , é posible solicitar un duplicado dos recibos con recarga de liquidacións que fosen emitidos con anterioridade, esta funcionalidade atópase ubicada dentro do Sistema RED en:

  • "Cotización en liña" - "Petición e Anulación de Recibos de Liquidación de Cotizacións" - "Obtención de duplicados de Recibos de Liquidación para Ingreso fóra de prazo ou solicitude de Cota Empresarial". 

Ten o usuario a posibilidade de poder solicitar por separado un Recibo de Liquidación coa cota obreira e patronal?

Si, indicando na transmisión do ficheiro FAN cumprindo coas instrucións técnicas, que desexa obter por separado a cota obreira da cota patronal. Obterá un xustificante de recepción co cálculo da cota obreira e a total a título informativo. Se desexa obter o Recibo de Liquidación coa cota empresarial, deberao solicitar en liña, dentro do menú:

  • "Cotización en liña real" - "Xestión de ingresos de cotas pendentes" - "Ingresos fóra de Prazo/Cota Empresarial: Solicitude de recibo de liquidación de Cotizacións".
Complementary Content
${loading}