Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Como realiza a Tesourería o procedemento de cálculo automático de Pagamento Electrónico?

Con obxecto de facilitar o ingreso das cotas aos suxeitos responsables do mesmo, a Tesourería Xeral da Seguridade Social, dende o 1 de setembro de 2009, calcula automaticamente, a todas as liquidacións  que non solicitasen cargo en conta ou resulten acredoras, as cotas correspondentes e emite o Recibo de Liquidación de Cotizacións para o seu ingreso pola modalidade de pagamento electrónico.

Con esta nova funcionalidade preténdese simplificar a obtención do documento de ingreso de cotas á Seguridade Social (boletín de cotización), reducindo a casos puntuais a utilización do modelo papel da serie TC1, que require para a súa impresión de  formularios pre-impresos así como de impresoras matriciais.

A Tesourería Xeral da Seguridade Social, á recepción do ficheiro FAN, calcula automaticamente, as cotas correspondentes, a partir dos  datos presentados na relación nominal de traballadores (TC2) e os existentes para o Código de Conta de Cotización no Ficheiro Xeral de Afiliación.

No suposto de que o documento de cotización conteña erros ou falta de datos que impidan a tramitación da modalidade de pagamento electrónico, estes serán comunicados ao usuario no correspondente xustificante técnico asociado á mensaxe de entrada, debendo proceder a enviar un novo TC2 cos datos correctos. De non presentarse un novo TC2 correcto que substitúa ao anterior,  o pagamento das cotas relativas aos documentos que non foran aceptados a cálculo automático de pagamento electrónico por conter erros que impiden a súa tramitación, deberá facerse efectivo nas oficinas recadadoras dentro do prazo regulamentario de ingreso, mediante a utilización dos documentos de cotización da serie TC1.

Xunto co xustificante técnico co resultado das validacións do TC2 remitirase un xustificante provisional cos cálculos realizados. Se existisen diferenzas entre o importe calculado pola Tesourería Xeral da Seguridade Social e o consignado polo usuario nos totalizadores do ficheiro FAN, informarase destas no xustificante técnico correspondente e o usuario deberá realizar unha nova presentación do TC2 cos datos correctos.

De non recibirse este novo documento correcto, emitirase nos prazos establecidos o Recibo de Liquidación de Cotizacións polo importe calculado pola Tesourería Xeral da Seguridade Social. Este Recibo de Liquidación de Cotizacións poderá facerse efectivo non só a través de portelo na Entidade Financeira senón a través doutras canles de pagamento como caixeiros automáticos, banca telefónica, banca por Internet (segundo a dispoñibilidade das Entidades Financeiras).

Con posterioridade á emisión do Recibo de Liquidación de Cotizacións o documento quedará bloqueado sen que exista a posibilidade de substituílo.  Por este motivo, aconséllase aos usuarios que adianten a presentación dos documentos de cotización, de tal forma que dispoñan de tempo suficiente para comprobar os erros e corrixir os documentos presentados  antes de que se xeren os Recibos de Liquidación de Cotizacións.

Para máis información sobre o envío anticipado dos "Recibos de Liquidación de Cotizacións" consulte o "Manual de usuario de transaccións de Pagamento Electrónico" dispoñible na área "Documentación", pertencente ao apartado "Sistema RED" da páxina web da Seguridade Social.

Os "recibos de liquidación de cotizacións" remítense de igual forma que os xustificantes técnicos e imprímense a través da WinSuite32. Para iso, selecciónase no menú principal da WinSuite32 a opción "Impresión" e a continuación "Cotización".
Na pantalla de impresión de cotización selecciónase a opción Recibos de liquidación e  prémese o botón "Seguinte".

  Pantalla da impresión TC2, TC1 e envíos. Aparece marcada a opción -Recibos de liquidación e o botón seguinte.

Aparecerá na parte superior da pantalla unha relación de todos os ficheiros para os cales se emitiu o "recibo de liquidación de cotizacións". Seleccionando un ficheiro accédese aos documentos de cotización que contén.

Para a impresión do recibo selecciónase o documento de cotización, o tipo de recibo como "Pagamento Electrónico" e prémese o botón  "Ver/Imprimir".

Recibos de liquidación. Nesta pantalla aparecen 2 ventás unha cos datos do ficheiro que se remite e outra cos datos de CCC da empresa. A opción –pagamento electrónico- aparece seleccionada á dereita.

O "recibo de liquidación de cotizacións" contén toda a información económica referida á cotización así como os datos de cabeceira para o pagamento electrónico, que permite realizar o ingreso nas entidades financeiras mediante diferentes canles (caixeiros automáticos, banca telefónica ou banca a través de Internet)

IMPORTANTE: A cabeceira  deberá ser dixitada correctamente para que o pagamento das cotizacións sexa efectivo.

Exemplo do Recibo de Liquidación de cotizacións que inclúe os datos relativos ao período, concepto e importe entre outros.

Complementary Content
${loading}