Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Que réximes e tipos de liquidación admiten o cargo en conta?

O  Sistema de Domiciliación en Conta recolle todos os réximes incluídos no Sistema RED , a excepción do Réxime Especial de Artistas (0112) e do Sistema Especial de Manipulado e Empaquetado do Tomate Fresco (0134).

Admítese para todas as liquidacións ordinarias (L00) dos réximes incluídos, transmitidas no prazo regulamentario de ingreso, e para os seguintes tipos de liquidacións complementarias:

  • L02: complementaria por salarios de tramitación.

  • L03: complementaria por aboamento de salarios con carácter retroactivo.

  • L04: Reintegro de prestacións e/ou deducións.

  • L09: Outras complementarias.

  • L13: Complementaria por vacacións non gozadas e retribuídas ao remate do contrato de traballo.

  • A70: Administracións Públicas. Permiso sen soldo.

  • A71: Administracións Públicas. Suspensión sen retribución.

  • A74: Administracións Públicas. Suspensión non firme definitivamente. Achega empresa resto de continxencias.

Ademais, as empresas que teñen autorizado un prazo regulamentario de presentación e ingreso distinto ao establecido con carácter xeral (autorizadas a pagamento diferido nun ou máis meses respecto ao prazo xeral, ou pagos con periodicidade trimestral), poden acollerse a esta modalidade de ingreso desde o 1 de decembro de 2004, sempre que a presentación se realice no mes no que lles corresponde realizar o ingreso das cotas.

Complementary Content
${loading}