Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal. Para máis información consulte a nosa política de cookies.

Valore esta página
Valore este contenido

Cotización

Fronte á presentación dos documentos en papel, poderase cubrir e presentar os documentos TC2 a través de Internet e obter o Recibo de Liquidación de Cotizacións, que substitúe ao TC1. Este servizo estará operativo todos os días do período recadatorio, pechándose o último día do prazo de recadación ás 20:00 horas. O aboamento do recibo de liquidación de cotizacións poderá realizarse de distintas maneiras, en función da modalidade de pagamento elixida polo usuario:

  • Domiciliación en conta: O aboamento de cotas realízase a través de domiciliación na entidade financeira e conta cliente que determine o usuario.

  • Pagamento electrónico: O aboamento do recibo realizarase en caixeiros automáticos, na banca telefónica, na banca a través da Internet ou achegándose ata a entidade financeira.


En caso de que a liquidación de cotas resulte a favor do usuario, a mera presentación dos documentos de cotización por RED Directo considérase Solicitude de Saldo Acredor e simplemente indicando os datos da conta bancaria tramitarase a devolución do importe correspondente.

Outros servizos ofrecidos no ámbito de cotización son:

  • Obtención do borrador do TC2 e recibo de liquidación

  • Cambio da modalidade de pagamento elixida e dos datos da conta bancaria

  • Consulta de documentos presentados e impresión de duplicados

  • Obtención de Recibos de Liquidación de cotas pendentes.

  • Anulación de documentos

  • Solicitude do recibo de liquidación de cota obreira

A funcionalidade de cotización actualmente só está operativa para Códigos de Conta de Cotización pertencentes ao Réxime Xeral (0111) e os seguintes tipos de liquidación:

  • Liquidacións Normais L00

  • Liquidacións Complementarias L02 (Complementaria por salarios de tramitación normal)

  • Liquidacións Complementarias L03 (Complementaria por aboamento de salarios con carácter retroactivo)

  • Liquidacións Complementarias L09 (Outras complementarias)

  • Liquidacións Complementarias L13 (Vacacións retribuídas e non gozadas)

O proceso de cotización en RED Directo consta dos seguintes pasos:

 

  • Conexión a través da Internet. Accédese de forma diferente en función do certificado dixital co que se vaia traballar:
    • Con Certificado Silcon, accédese a RED Directo a través da páxina web  www.seg-social.es, dende o icono “Sistema RED en liña” en “Accesos de Interese”. Solicítase o certificado dixital e o contrasinal do usuario. Se esta é correcta, o usuario accederá aos servizos da Seguridade Social. Mediante a opción “Servizos RED” accédese aos servizos de Cotización en liña.

    • Con DNI electrónico accédese a RED Directo a través do seguinte enderezo:
      https://w2.seg-social.es/fs/indexframes7w.html

      Solicítase o contrasinal para o DNI electrónico e se é correcto, o usuario accederá aos servizos da Seguridade Social. Mediante a opción “Servizos RED” accédese aos servizos de Cotización en liña.

  • Introdución do Certificado Dixital (SILCON ou DNIe). Ao acceder a RED Directo, solicítase o certificado dixital e o contrasinal do usuario. Se esta é correcta, o usuario accederá aos servizos da Seguridade Social. Mediante a opción “Servizos RED” accédese aos servizos de Cotización en liña.  

  • Selección da opción “Confección do TC2” para a presentación do TC2.

  • Introdución do CCC para o que se desexa realizar a presentación e o tipo de liquidación a tramitar.

  • O usuario deberá comunicar as bases de cotización dos traballadores incluídos na liquidación, as horas traballadas se se trata de traballadores con contrato a tempo parcial, así como de calquera outro dato que afecte á cotización: horas extras, bonificación por formación continua, etc. Así mesmo debe incluír as situacións especiais (por exemplo baixas por incapacidade temporal) para aqueles traballadores que proceda.

  • A continuación, obtención do borrador da relación nominal de traballadores (TC2) e do recibo de liquidación de cotizacións, e posibilidade de consultar os datos do cálculo realizado por traballador.

  • Logo de que o usuario seleccione a modalidade de pagamento, apróbase o recibo de liquidación de cotizacións e obtense a relación nominal de traballadores (TC2) e o recibo de liquidación definitivos.

  • No caso das liquidacións normais L00, ao mes seguinte mostrarase como borrador, o documento TC2 aprobado no mes anterior, e se non houberon modificacións dos traballadores no FGA , bastará con confirmalo para obter o TC2 e o Recibo de Liquidación.
Complementary Content
${loading}