Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga una mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies. Las cookies no se utilizan para recoger información de carácter personal.


Procedemento de Risco durante o embarazo

A continuación preséntase o procedemento xeral

Que é o risco durante o embarazo?

É a situación na que se atopa a traballadora no período de suspensión do contrato por risco durante o embarazo cando, obrigada a un cambio de posto de traballo, por influír este negativamente na súa saúde ou na do feto, a outro compatible co seu estado, este cambio non resulte posible ou non poida esixirse por motivos xustificados.

Que trámites se deben de realizar?

A traballadora deberá comunicar á Entidade xestora ou Mutua Colaboradora coa Seguridade Social a  suspensión do contrato ou actividade por risco durante o embarazo, acompañando:

  • Informe do médico do Servizo Público de Saúde que o asiste.
  • Declaración da empresa ou da traballadora por conta propia, sobre os traballos e actividades realizadas, condicións do posto de traballo, categoría, risco específico...

Os servizos médicos da Entidade xestora ou da Mutua emitirán certificado médico, acreditando que as condicións do posto inflúen negativamente na saúde da traballadora ou do feto.

A traballadora presentará a solicitude, segundo modelo oficial, á que achegará, ademais dos  documentos indicados:

  • Declaración da empresa sobre inexistencia doutro posto compatible co estado da traballadora.
  • A documentación necesaria para acreditar a identidade e as circunstancias determinantes do dereito. 

Onde se tramita?

A solicitude e documentación indicada pode presentarse en calquera dos centros da Entidade xestora (INSS ou ISM), ou da Mutua Colaboradora coa Seguridade Social.

O Director Provincial da Entidade xestora (INSS ou ISM) da provincia en que resida a interesada, ditará e notificará a resolución no prazo de 30 días.

Cando se inicia a prestación?

Traballadoras por conta allea: o dereito nace o mesmo día en que se inicia a suspensión do contrato de traballo por risco durante o embarazo.

Traballadoras por conta propia: o día seguinte a aquel no que se emite o certificado polos servizos médicos da Entidade xestora ou da Mutua.

Complementary Content
${loading}