Aviso Cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está a dar o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. As cookies non se utilizan para recoller información de carácter persoal.


Cálculo de modalidades de Pago de Liquidacións Complementarias L09, L02, L03 e L13.

Resultados de la búsqueda

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

Infórmase que dende o mes de xaneiro de 2008 vaise a levar a cabo o cálculo de Modalidades de Pagamento, cargo en conta e pagamento electrónico para as liquidacións complementarias L09 dentro e fóra de prazo regulamentario e L02, L03, L13 fóra de prazo regulamentario. Iso supón que:

As liquidacións complementarias L09 “outras complementarias”, poderanse enviar con solicitude das modalidades de pagamento de cargo en conta, pagamento electrónico ou relación contable (ata agora non estaba permitido). Admitiranse tanto para as liquidacións presentadas en prazo regulamentario como as que se atopen fóra deste prazo.

A implantación desta funcionalidade supón que só se aceptarán liquidacións L09 que comprendan un único mes de liquidación. Polo tanto, rexeitaranse aquelas que conteñan períodos múltiples e iso independentemente de que se solicite modalidade de pagamento ou non.

Por outro lado, as liquidacións L09 presentadas en prazo regulamentario admitiranse se existe unha liquidación L00 (normal) que se atope consolidada por ter a modalidade de pagamento pechada (neste caso non está permitido a substitución por un novo envío). No caso de que a liquidación L00 puidera ser corrixida, a L09 sería rexeitada, dado que o seu contido debe incorporarse na L00 e realizar unha nova transmisión desta liquidación, unha vez corrixida.

Só se aceptará unha única liquidación L09 dentro do prazo, polo que o indicador “N” de non substitución non xurdirá efectos para as liquidacións L09 en prazo regulamentario.

As liquidacións fóra de prazo tamén se admitirán con modalidade de pagamento para as liquidacións complementarias L02 “salarios de tramitación”, L03 “aboamento de salarios con carácter retroactivo” e L13 “vacacións retribuídas e non gozadas”, que ata agora soamente eran admitidas nestas modalidades de pagamento cando se atopaban no prazo  regulamentario.

Nas liquidacións complementarias presentadas fóra de prazo será obrigatorio incluír a recarga correspondente no segmento EDTCA90 do ficheiro FAN.

Modificacións no proxecto de Lei de Orzamentos Xerais para o 2008 na actual Tarifa de Primas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais coa aprobación de novos tipos de cotización obrigatorios a partir do primeiro de xaneiro de 2008

Infórmase que:

No proxecto de Lei de Orzamentos Xerais para o 2008 se prevé unha modificación na actual Tarifa de Primas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais coa aprobación de novos tipos de cotización obrigatorios a partir do primeiro de xaneiro de 2008.

Complementary Content
${loading}