Pensións

Resultados de la búsqueda

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

A páxina á que intenta acceder non está dispoñible no idioma seleccionado. Desculpe as molestias.
Idiomas dispoñibles: Castellano

1. Se teño en trámite unha pensión, afectará a situación excepcional de estado de alarma motivada pola COVID-19, ao trámite e resolución da miña pensión?

  • Durante o estado de alarma, o INSS seguiu tramitando e resolvendo os expedientes de prestacións mediante teletraballo e/ou traballo presencial en quendas. Non obstante o anterior, durante unha parte importante do período de alarma non se emitiron resolucións dado que o Servizo de Correos tivo suspendida a práctica de notificacións. Os cidadáns con procedementos abertos en trámite foron informados, ben por correo electrónico, ben por mensaxes enviadas por SMS ao móbil sobre os avances dos seus expedientes.
  • Con data 1 de xuño  retomáronse os prazos de trámite e resolución de todos os procedementos en aplicación do Real Decreto 537/2020, do 22 de maio.
  • Polo tanto, dende o día 1 de xuño, procederase a resolver e a notificar a resolución.
  • O prazo para interpoñer reclamación previa fronte ás resolucións que se notifiquen a partir de 1 de xuño contarase a partir da súa notificación. 
  • En caso de resolucións que fosen notificadas durante o estado de alarma, ou antes da declaración do estado de alarma -neste último caso, sempre que non alcanzasen firmeza en vía administrativa-, o prazo para interpoñer reclamación previa contarase a  partir da 1 de xuño de 2020.

2. Son pensionista de incapacidade permanente e durante o estado de alarma, vence o prazo de reserva de posto de traballo fixado na miña resolución inicial. Como afecta a miña situación o estado de alarma?

    Nos supostos nos que sexa previsible unha melloría do grao de incapacidade recoñecido que permita a reincorporación ao traballo, cando houbese suspensión da relación laboral con reserva de posto de traballo, durante a situación do estado de alarma e as súas prórrogas suspéndese o prazo máximo de dous anos establecido para ditar resolución e continuarase a partir da finalización do estado de alarma.

  • Remitirémoslle a notificación da resolución do seu expediente por vía postal cando finalice o estado de alarma e se normalicen os servizos postais. Será a partir dese momento cando empezará a contar o prazo para que poida formular reclamación previa, se non estivese conforme coa resolución.


3. ¿El pago de pensiones en el extranjero se va a ver afectado por la limitación de movilidad por el COVID 19?

  • Se o pagamento da pensión no estranxeiro se realiza por transferencia bancaria, realizarase con normalidade.
  • Pola contra, o pagamento de pensións correspondente ao mes de marzo 2020 mediante cheque queda suspendido naqueles países nos que as medidas de confinamento adoptadas con motivo da crise sanitaria COVID-19 fan imposible a súa distribución. Os cheques retidos pola Seguridade Social española reenviaranse aos seus destinatarios unha vez se levanten as medidas de limitación da mobilidade no país de residencia.

Os países inicialmente afectados por esta limitación son:

  • Bolivia
  • Filipinas 
  • Honduras
  • India
  • Cuba
  • Os pensionistas que viñan cobrando a súa pensión por cheque poden solicitar o cambio no modo de pagamento por transferencia, para poder percibir a súa pensión sen demora.
  • Para solicitar este cambio:

4. Se recibo unha chamada que di ser da Seguridade Social pedíndome que instale unha aplicación móbil para cobrar unha prestación, debo instalar esa aplicación ou proporcionar algún dato?

  • Non, en ningún caso o noso persoal funcionario se poñerá en contacto con vostede para solicitarlle a instalación de aplicacións móbiles para pagamentos entre particulares para pagarlle atrasos ou realizar os pagamentos ordinarios dunha prestación.
  • As entidades da Seguridade Social só emiten pagamentos a través do ingreso na conta bancaria facilitada por vostede ou mediante a emisión de cheque, nos casos previstos para iso.
  • Se recibe unha chamada destas características pode poñelo en coñecemento da nosa Entidade achegando os datos do teléfono, descrición da situación e os seus datos de contacto a través da nosa Caixa de Correo de Consultas.
  • IMPORTANTE: Se para enviarnos algunha solicitude ou comunicación urxente e inaprazable utilizou o servizo electrónico habilitado con carácter extraordinario sen certificado dixital (por motivo das medidas de contención del COVID-19 e a declaración do estado de alarma), é probable que teñamos que poñernos en contacto con vostede para resolver calquera incidencia no seu envío ou xestión da súa prestación. Nestes casos o funcionario identificarase e poderá darlle detalles sobre a comunicación remitida por vostede e a data da súa remisión, como garantía de que se trata dunha petición de datos oficial e lexítima.


7. Podo solicitar un cambio de número de conta da miña pensión ou prestación a través da canle sen certificado dixital?

  • Se non dispón de medios de identificación electrónica, non poderá solicitar cambios de número de conta da súa pensión ou prestación, por motivos de seguridade a través da canle de presentación de documentación sen certificado electrónica.
  • Non obstante, recordámoslle que pode realizar este trámite con certificado electrónico ou Cl@ve, se dispón deles, ou noutro caso, mediante representación dun familiar ou achegado que si dispoña de certificado dixital ou Cl@ve a través deste servizo.

9. Se fun contratado en aplicación das medidas en materia de emprego agrario adoptadas polo estado de alarma. As retribucións que reciba son compatibles coas pensións da Seguridade Social?

  • As retribucións que perciba polo emprego agrario son compatibles coas pensións e prestacións de viuvez, orfandade e en favor de familiares.
  • As pensións de xubilación son compatibles só nos supostos de xubilación activa, parcial ou flexible, nos casos previstos na normativa.
  • As pensións de incapacidade permanente serán compatibles, nos mesmos supostos nos que xa viñan sendo compatible co traballo, nos termos establecidos na Lei Xeral da Seguridade Social. 
  • Os ingresos obtidos por esta actividade laboral non se terán en conta para os efectos dos límites de rendas establecidos para as prestacións contributivas ou non contributivas, incluídos os complementos por mínimos das pensións contributivas ou as prestacións familiares. 
  • Este réxime de compatibilidade será aplicable ás retribucións obtidas polos traballos temporais agrarios que cumpran coas condicións establecidas no Real Decreto-Lei 13/2020, do 7 de abril, que se realicen durante a vixencia do estado de alarma e ata o 30 de xuño de 2020.

10. Se percibo unha pensión de xubilación e me reincorporo, pola situación excepcional COVID-19, ao servizo activo como profesional sanitario por nomeamento estatutario profesional, como afectará a miña pensión de xubilación?

  • Con independencia da súa modalidade de xubilación, manterase o 100% do importe do recoñecemento inicial ou do que se estea a percibir no momento do inicio da compatibilidade, incluídos os complementos a mínimos se se reúnen os requisitos para a súa percepción.
  • Continuarán sendo de aplicación o réxime de limitación das pensións, as incompatibilidades e o exercicio do dereito de opción, establecidos na Lei Xeral da Seguridade Social.

 

 


11. Se faleceu un familiar que percibía unha pensión e xa se comunicou a defunción ao INSS, como se xestiona a liquidación dos importes pendentes de cobramento desa pensión?

  • Se o rexistro do falecemento se tramita antes de que se emita a seguinte nómina mensual, a liquidación ingresarase na conta bancaria do pensionista: a contía da pensión íntegra do mes do falecemento (con independencia do día do mes no que se producise o devandito falecemento, corresponderá a mensualidade íntegra) e a contía das sextas partes da paga extra que correspondan ao período comprendido entre o 1 de decembro e o mes do seu falecemento (para os falecementos producidos ata o 31 de maio) ou ben ao período comprendido entre o 1 de xuño e o mes do seu falecemento (para os falecementos producidos ata o 30 de novembro). Neste caso non deberá realizar ningún trámite adicional co INSS para o seu percibo.
  • Se o falecemento se rexistra con posterioridade á emisión da nómina do mes seguinte ao do falecemento, terase aboado indebidamente a mensualidade posterior ao mes do falecemento, polo que se xestionará a devolución dese importe. Neste caso, os herdeiros deberán solicitar o pagamento da liquidación da parte de paga extra correspondente. Para iso deberán solicitalo a través do formulario de prestacións devindicadas e non percibidas, e achegar a documentación que se especifica no propio formulario (ligazón)
  • Nos supostos nos que o pagamento correspondente non se recibira por estar cancelada a conta bancaria do falecido, deberá solicitar o seu aboamento a través do formulario indicado no punto anterior.
  • Recorde que neste apartado de Consultas Covid-19 dispón de información adicional sobre canles de presentación de solicitudes  e sobre as alternativas en caso de non dispoñer dalgún dos documentos necesarios para realizar a súa solicitude así como outras medidas de flexibilización relacionadas.

Complementary Content
${loading}