Certificados electrónicos

1. Que debo facer se necesito obter un certificado electrónico ou o meu certificado caducou despois do 14 de marzo?

Informámoslle que as autoridades de certificación están a analizar a posibilidade de renovación telemática de certificados que caducaron despois do 14 de marzo e o uso de medios de rexistro non presencial, baseados en videoidentificación.  Isto eliminaría a obriga de comparecer nunha oficina para a obtención do certificado ou para a súa renovación se este caducase. Consulte a páxina web das autoridades de certificación admitidas.
A FNMT permite a renovación on line de certificados de persoa física que caducaron a partir do 14 de marzo.

2. O meu certificado electrónico vai caducar proximamente, Que debo facer?

En virtude do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, as entidades certificadoras están a proceder á eliminación da restrición que requiría que se presentase de forma física cada 5 anos para poder renovar un certificado, e están a permitir a súa renovación on line.
Consulte a páxina web da entidade emisora do seu certificado e renóveo antes de que caduque para continuar accedendo sen problema aos servizos electrónicos da Seguridade Social.

Complementary Content
${loading}