Asistencia sanitaria

 

A asistencia sanitaria dos traballadores do mar, pensionistas e beneficiarios duns e outros, é prestada dentro do territorio nacional polo Instituto Social da Mariña (ISM) en colaboración cos Servizos de Saúde das respectivas Comunidades Autónomas e responde fundamentalmente ao modelo tradicional coas modalidades seguintes: Atención Primaria, Atención Especializada e Servizos de Urxencias.

ISM desenvolve as súas competencias médico-asistenciais de forma coordinada con outros servizos sanitarios do Sistema Público de Saúde.

Para completar a asistencia con medios propios, o ISM realiza concertos con Centros e Servizos alleos á Seguridade Social, con competencias sanitarias.

A Comunidades Autónomas ás que se transferiu a Asistencia Sanitaria ambulatoria e hospitalaria son:

GALICIA:

Real Decreto 212/1996, do 9 de febreiro, sobre traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia das funcións e servizos da Seguridade Social en materia de asistencia sanitaria encomendada ao Instituto Social da Mariña (Boletín Oficial do Estado BOE) , do 7 de marzo).

PAÍS VASCO:

Real Decreto 1946/1996, do 23 de agosto, sobre traspaso á Comunidade Autónoma do País Vasco das funcións e servizos da Seguridade Social en materia de asistencia sanitaria encomendada ao Instituto Social da Mariña (BOE , do 31 de agosto).

VALENCIA:

Real Decreto 1951/1996, do 23 de agosto, sobre traspaso á Comunidade Valenciana das funcións e servizos da Seguridade Social en materia de asistencia sanitaria encomendada ao Instituto Social da Mariña (BOE , do 24 de setembro).

CANARIAS:

Real Decreto 2464/1996, do 2 de decembro, sobre traspaso á Comunidade Autónoma de Canarias, das funcións e servizos da Seguridade Social en materia de asistencia sanitaria encomendada ao Instituto Social da Mariña (BOE , do 20 de decembro).

CATALUÑA:

Real Decreto 1049/1997, do 27 de xuño, sobre traspaso á Generalitat de Cataluña das funcións e servizos da Seguridade Social en materia de asistencia sanitaria encomendada ao Instituto Social da Mariña (BOE, do 29 de xullo).

ANDALUCÍA:

Real Decreto 1784/2004, do 30 de xullo, sobre traspaso á Comunidade Autónoma de Andalucía das funcións e servizos da Seguridade Social en materia de asistencia sanitaria encomendada ao Instituto Social da Mariña. (BOE , 31 de xullo).

ASTURIAS:

Real Decreto 1292/2005, do 28 de outubro, sobre traspaso á Comunidade Autónoma do Principado de Asturias das funcións e servizos da Seguridade Social en materia de asistencia sanitaria encomendada ao Instituto Social da Mariña (BOE, 19 de novembro).

CANTABRIA:

Real Decreto 1584/2006, do 22 de decembro, sobre traspaso á Comunidade Autónoma de Cantabria, das funcións e servizos da Seguridade Social en materia de asistencia sanitaria encomendada ao Instituto Social da Mariña (BOE , 29 de decembro).

ILLAS BALEARES:

Real Decreto 1733/2007, do 21 de decembro, sobre traspaso á Comunidade Autónoma das Illas Baleares, das funcións e servizos da Seguridade Social en materia de asistencia sanitaria encomendada ao Instituto Social da Mariña (BOE, 27 de decembro).

REXIÓN DE MURCIA:

Real Decreto 1083/2008, do 30 de xuño, sobre traspaso á Comunidade Autónoma da Rexión de Murcia, das funcións e servizos da Seguridade Social en materia de asistencia sanitaria encomendada ao Instituto Social da Mariña.(B.O.E. do 1 de xullo).

Complementary Content
${loading}